Mércores, 31 Mai 2017 13:18

Encontro da Mocidade: San Simón 2017

Encontro da Mocidade: San Simón 2017

Este martes 30 de maio as 50 prazas ofertadas para o encontro cubríronse. A partir desta data todas as persoas que se inscriban pasarán a formar parte da lista de agarda. As persoas que desexen estar nesta lista por si hai algunha baixa poderán facelo entregando a inscrición na OMIX e non será necesario realizar o pagamento bancario ata que se lles confirme si finalmente teñen praza.

Se hai máis solicitudes que prazas abrirase unha lista de agarda coas persoas interesadas. As baixas soamente se cubrirán ata o primeiro día de actividade e iranse chamando seguindo os criterios anteriores de admisión. Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza ofrecida deberase efectuar o pagamento no prazo establecido. Sen non se puidese contactar coa persoa interesada ou esta non efectuase o pagamento en prazo será dada de baixa e contactarase coa seguinte persoa na lista de agarda.” Ref. Documento de información xeral da actividade.

Ás persoas inscritas comunicaráselles a obtención de praza definitiva  unha vez comprobados e verificados todos os datos a partir do 30 de xuño.

Para calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto con nós na OMIX, 986700822 ou ben en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Encontro da Mocidade
Visto 1457 veces


Encontro da Mocidade

Encontro da Mocidade - San Simón 2019

11-06-2019 Encontro da Mocidade

O Concello de Soutomaior pon en marcha o programa xuvenil Encontro da Mocidade que se realiza desde o 19 ata o 22 de agosto na Illa de San Simón. Este...

Encontro da Mocidade: San Simón 2017

31-05-2017 / Encontro da Mocidade

Este martes 30 de maio as 50 prazas ofertadas para o encontro cubríronse. A partir desta data todas as persoas que se inscriban pasarán a formar parte da lista de agarda. As persoas que desexen estar nesta lista por si hai algunha baixa poderán facelo entregando a inscrición na OMIX e non será necesario realizar o pagamento bancario ata que...

Encontro da Mocidade San Simón 2017

18-05-2017 / Encontro da Mocidade

O Concello de Soutomaior comunica que a partir do día 22 de maio ábrese o prazo para participar no Encontro da Mocidade que se realiza en San Simón en formato campamento intensivo. A temática este ano serán as ARTES ESCÉNICAS. Traballarase por grupos de idades diferentes artes: teatro, música, circo, danzas, improvisación, etc. co obxectivo de que cada grupo cree...

Entrega de fotos Encontro Mocidade 2016

21-10-2016 / Encontro da Mocidade

Este Encontro que ten un formato campamento ten como finalidade promover un espazo de interacción e convivencia para a mocidade onde a través dunha ampla programación de actividades lúdicas e  educativas reforzan  valores como a convivencia, o respecto, etc. O fío conductor deste ano  foi a riqueza cultural da Illa e arredores onde a través dunha viaxe inesperada mediante unha "máquina do tempo" puideron achegarse a diferentes momentos...

Encontro da mocidade: San Simón 2016, unha viaxe inesperada

13-04-2016 / Encontro da Mocidade

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior informa que xa está aberto o prazo de inscrición para participar no  Encontro da Mocidade organizado para este anon 2016 en San Simón. Este ano o encontro leva por título " San Simón 2016: unha viaxe inesperada" O obxectivo desta actividade é o de promover un espazo de encontro para a mocidade onde as...