Mércores, 27 Setembro 2017 13:53

Un plan municipal para evitar a súa expansión

Loita contra a avispa velutina

Un operario municipal retira un niño da avispa asiática Un operario municipal retira un niño da avispa asiática / Foto: Concello Soutomaior

Despois de retirar 125 niños de avispa velutina durante a primeira fase, o Concello de Soutomaior acaba de poñer en marcha a segunda parte do seu programa de protección contra a avispa asiática. Unha etapa na que o obxectivo é controlar a proliferación de avispas obreiras na tempada na que intensifican o seu ataque ás colmeas. Para iso o equipo de goberno do Concello de Soutomaior destinou a este programa máis de 4.000 euros destinados a evitar, na medida do posible, a proliferación de niños ademais de mellorar o equipamento dos traballadores municipais que se encargan de retirar os que se van descubrindo.

O plan municipal para a contención da avispa asiática busca evitar a expansión deste insecto mediante a colocación de trampas para a captura de exemplares ademais da retirada directa dos niños que se vaian localizando. Para iso, o Concello adquiriu o pasado mes de maio pértegas e novos traxes de protección especiais. Ata o momento, e grazas á colaboración do persoal de Tragsa, enviado pola Xunta de Galicia, e diversos grupos de voluntarios, retiráronse 125 niños de maneira directa.

Ademais, e para expandir o alcance da campaña por todo o municipio, o Concello repartiu durante estes meses máis de 100 trampas, 250 botes de líquido atrayente e máis de 50 unidades de espráis anti niños entre os veciños de diversos barrios, especialmente os situados na contorna rural.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 1827 veces

Medios


Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

Luvas e máscaras

27-05-2020 / Medio Ambiente

Dende o concello de Soutomaior rercórdase que as luvas e as máscaras empregadas como equipos de protección ante o coronavirus débense depositar nos contedores de resto ou xenérico, nunca no contedor amarelo nin no chan. Colaboremos para que non se propague o virus nin se contamine o medio ambiente

A Xunta de Galicia licita a nova depuradora de Arcade

11-05-2020 / Medio Ambiente

O Concello de Soutomaior solicitou a colaboración da Xunta de Galicia para a construción dunha nova planta depuradora que se axuste á normativa europea. Unha colaboración que agora se confirma e aConsellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de licitar a redacción do proxecto construtivo da nova depuradora de augas residuais de Arcade. A nova estación depuradora...

Cambio nas condicións de mobilidade ás hortas de autoconsumo

04-05-2020 / Medio Ambiente

Unha nova orden do Goberno español publicada o venres 1 de maio no Boletín Oficial del  Estado (BOE) permite ós agricultores que non teñen carné como tal, coidar e recolectar as hortalizas das súas hortas para autoconsumo. A condición é que estén no concello no que viven ou no do lado. Só no caso de aqueles para os que eses alimentos sexan imprescindibles...

Normas Xunta Galicia hortas autoconsumo

28-04-2020 / Medio Ambiente

-Amplían ata o 31 de xullo, como máximo, o prazo para limpar as franxas de seguridade das casas. En relación coa prevención de incendios forestais, a Xunta de Galicia acordou levantar a suspensión do prazo legal para cumprir coa obriga de execución da xestión da biomasa nas franxas secundarias (50 metros próximos ás vivendas) e prorrogar o periodo máis alá do...

Indicacións sobre a compostaxe doméstica en tempos do covid-19.

15-04-2020 / Medio Ambiente

O Concello de Soutomaior en colaboración coa empresa Vermican Solucións de Compostaxe SL redactou  unha serie de indicacións sobre a xestión da compostaxe doméstica en tempos do Covid-19. A subministración de composteiros domésticos cunha subvención PIMA do "Ministerio de transición ecolóxica e o reto demográfico" repartiranse entre vos veciños/ as do Concello de Soutomaior unha vez remate ou estado de alarma

Punto limpo móbil en Romariz

02-03-2020 / Medio Ambiente

A partir do martes 3 de marzo de 2020, o punto limpo móbil do concello de Soutomaior situarase nas inmediacións da escola de educación infantil de Romariz para prestar o servizo de recollida daqueles residuos xerados nos fogares que non se poden depositar nos contedores habituais das rúas. Cómpre sinalar que este servizo foi posible grazas á concesión dunha axuda dos...

TV Concellería de Medio Ambiente