Luns, 03 Mai 2021 11:02

Charla: A avespa asiática

Charla: A avespa asiática

Venres 7 de maio ás 19,30 h. Multiúsos, Arcade

A chegada da primavera activa ás raíñas da avespa velutina, que inician a construción dos niños primarios. É o momento de empezar a colocar trampas, caseiras ou comerciais, para tentar frear a expansión destas avespas e a ameaza que supoñen para a apicultura, así como o risco para as persoas pois a súa picadura pode ser mortal.

Cando o niño primario está habitado, a raíña sae para construír o secundario, máis grande e con máis avespas. Iso é o que agora tratan de frear os expertos do Seaga –encargados do plan da administración autonómica ao que se adscribiron este ano máis de 300 concellos de Galicia.

Para tratar todos estes temas os biólogos da Uvigo Francisco Barriero  Romano e Aarón Lagoa Nuñez impartirán a charla sobre a avespa asiática.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 162 veces


Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

O punto limpo móbil trasládase ó barrio de Arcade de Arriba

06-05-2021 / Medio Ambiente

Tralo paso no mes de abril polo barrio de Aranza, o punto limpo móbil foi transportado ata o lugar de Arcade de Arriba, nas inmediacións do colexio Padín Truiteiro para prestar o servizo de recollida de residuos. Como ven sendo habitual dende que comezou a funcionar, o vehículo sitúase en distintos lugares do termo municipal para mellorar os niveis de reciclaxe...

Charla: A avespa asiática

03-05-2021 / Medio Ambiente

Venres 7 de maio ás 19,30 h. Multiúsos, Arcade A chegada da primavera activa ás raíñas da avespa velutina, que inician a construción dos niños primarios. É o momento de empezar a colocar trampas, caseiras ou comerciais, para tentar frear a expansión destas avespas e a ameaza que supoñen para a apicultura, así como o risco para as persoas pois a...

Día mundial da Terra

22-04-2021 / Medio Ambiente

Hoxe 22 de abril celébrase o día mundial da Terra. Esta efeméride ten lugar dende o ano 1970 como consecuencia das múltiples manifestacións realizadas en dito ano en todo o mundo ca fin de incentivar o coidado do medio ambiente. Aínda que tódolos días do ano se debe coidar o medio ambiente, a celebración deste día mundial busca promover o respeto...

Plan Renove de electrodomésticos

20-04-2021 / Medio Ambiente

A Xunta de Galicia informa de que os cidadáns interesados en participar no programa Renove Electrodomésticos poderán solicitar dende hoxe, martes 20 de abril, estas axudas. O programa Renove Electrodomésticos está dirixido a persoas que residan en vivendas localizadas en Galicia e queiran renovar os seus equipos por outros da mesma tipoloxía e coa seguinte cualificación enerxética: frigorífico ou frigorífico conxelador...

O punto limpo móbil trasládase ó barrio de Aranza

09-04-2021 / Medio Ambiente

Seguindo o calendario xa publicado anteriormente, o Concello de Soutomaior vén de trasladar o punto limpo móbil ata o barrio de Aranza para prestar servizo nel durante o mes de abril de 2021. Lembrar que este vehículo, adquirido grazas a unha axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ó programa FEDER Galicia 2014-2020, serve para o depósito e a...

O Concello de Soutomaior aproba o seu plan contra incendios

26-03-2021 / Medio Ambiente

O pleno municipal do Concello de Soutomaior aprobou onte o novo Plan de Municipal de Prevención contra Incendios Forestais. O documento, que contou co apoio unánime de toda a corporación, foi elaborado de maneira conxunta entre os técnicos municipais e Seaga no marco do convenio que a empresa ten coa Xunta de Galicia, e ao que está adherido o Concello...

TV Concellería de Medio Ambiente