Medio Ambiente
Medio Ambiente +
O concello de Soutomaior recibiu unha partida dende a Deputación de Pontevedra de 30 composteiros individuais xunto con outros tantos aireadores para poder remexer no interior dos mesmos.
Estes novos composteiros únense ós máis de 60 xa repartidos dende comezo de ano dende o concello polo mestre composteiro ó cargo para xestionar os biorresiduos xerados nos fogares que dispoñan de horta ou xardín onde situalo, potenciando así a reciclaxe doméstica e reducindo o depósito deses residuos nos contedores xenéricos.
Este proceso de compostaxe supón darlle unha saída máis viable tanto economica como medioambientalmente a eses residuos, convertindo un residuo como son os biorresiduos, nun produto como é o compost.
Os interesados deberán presentar a súa solicitude no rexistro municipal e o mestre composteiro poñerase en contacto para acordar unha cita para a recollida do composteiro. Nesa cita, tamén se lles explicará os pasos a seguir no mantemento e uso do composteiro e proporcionaráselles unha guía detallada a cada participante.
Posteriormente, o mestre composteiro concertará cos usuarios datas para realizar o seguimento para así poder guiar ós participantes durante o proceso de reciclaxe orgánica e garantir o seu correcto funcionamento.
Medio Ambiente
14-11-2022 / Medio Ambiente
Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente os residuos domésticos que carecen dunha recollida selectiva na vía pública. Dito punto limpo móbil presenta distintas bocas de aporte rotuladas cada unha co tipo de residuos que se pode depositar...
18-10-2022 / Medio Ambiente
Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...
28-09-2022 / Medio Ambiente
Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...
09-08-2022 / Medio Ambiente
Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...
09-06-2022 / Medio Ambiente
Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...
18-05-2022 / Medio Ambiente
Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...
13-04-2022 / Medio Ambiente
Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...
07-03-2022 / Medio Ambiente
Neste mes de marzo de 2022, o barrio da Xesteira recibe o punto limpo móbil do Concello de Soutomaior. O vehículo foi colocado fronte o cuartel da garda civil para...
Medio Ambiente +