Luns, 16 Novembro 2015 09:32

Parque canino en Arcade

Parque canino en Arcade

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR ABRIRÁ UN NOVO PARQUE CANINO EN ARCADE.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, anunciou esta mañá a próxima construción dun novo parque para cans en Arcade.

A medida foi impulsada por un veciño da localidade a través das redes sociais e a plataforma colaborativa de peticións,change.org, onde recolleu case 200 apoios de veciños e simpatizantes do mundo canino en poucas semanas.

O novo recinto, o segundo destinado a cans en Arcade, terá unha superficie total de 900 metros cadrados e instalarase na parcela situada sobre o túnel do AVE na avenida de Castelao. Está previsto que o novo parque estea totalmente listo no primeiro trimestre de 2016, “aproveitando un espazo ao que se lle daba pouco uso e que xa era utilizado por algúns veciños para pasear coas súas mascotas”, afirmou Reguera.

Como é costume neste tipo de espazos, instalaranse diversos elementos de divertimento para os cans, ademais de colectores para residuos, bolsas para a recollida de excrementos, unha fonte de auga adaptada e bancos para que os responsables dos animais poidan descansar mentres xogan as súas mascotas. Todo iso dentro dun recinto valado e con dobre entrada para garantir a total seguridade dos cans. Do mesmo xeito, instalaranse paneis informativos á entrada do parque para concienciar aos usuarios da necesidade de contribuír ao bo uso e mantemento do mesmo. Nun futuro dotarase ao recinto dunha zona de sombra tanto para as mascotas como para os seus donos.

Ademais, xa se están valorando posibles melloras futuras, como a construción dun acceso ao paseo marítimo e poder conectar así as dúas zonas caninas da localidade e a colocación dos elementos de adestramento canino ou agility co obxectivo de que os veciños poidan practicar coas súas mascotas saltos e comportamentos dinámicos.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, afirmou que “para Soutomaior é unha gran honra ter veciños tan implicados no benestar das súas mascotas e desde o Concello estamos encantados de poder apoiar esta clase de propostas. Desde hai tempo propuxémonos buscar lugares idóneos en espazos verdes para instalar este tipo de parques e que os propietarios de mascotas teñan á súa disposición un recinto seguro para gozar delas”.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 3311 veces

Medio Ambiente

O Punto Limpo Móbil xa está no Peirao!

O Punto Limpo Móbil xa está no Peirao!

14-11-2022 / Medio Ambiente

Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente os residuos domésticos que carecen dunha recollida selectiva na vía pública. Dito punto limpo móbil presenta distintas bocas de aporte rotuladas cada unha co tipo de residuos que se pode depositar...

O Punto Limpo Móbil está no barrio de Sobral!

O Punto Limpo Móbil está no barrio de Sobral!

18-10-2022 / Medio Ambiente

Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...

O Punto Limpo Móbil está no barrio da Devesa!

O Punto Limpo Móbil está no barrio da Devesa!

28-09-2022 / Medio Ambiente

Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...

O Punto Limpo móbil está este mes nas inmediacións da depuradora do barrio de Comboa

09-08-2022 / Medio Ambiente

Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...

O Punto Limpo Móbil xa está en Rial, no aparcadoiro ó carón da igrexa

09-06-2022 / Medio Ambiente

Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...

O Punto Limpo Móbil está na Rúa Arcade De Riba (Xunto ao CEIP Padín Truiteiro)

18-05-2022 / Medio Ambiente

Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...

O Punto Limpo Móbil chega a Aranza

13-04-2022 / Medio Ambiente

Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...

O punto limpo móbil colócase no barrio da Xesteira

07-03-2022 / Medio Ambiente

Neste mes de marzo de 2022, o barrio da Xesteira recibe o punto limpo móbil do Concello de Soutomaior. O vehículo foi colocado fronte o cuartel da garda civil para...