Mércores, 20 Febreiro 2019 09:34

Reciclaxe doméstica – Reparto de composteiros inviduais

Reciclaxe doméstica – Reparto de composteiros inviduais

O Concello de Soutomaior repartirá composteiros individuais para potenciar a reciclaxe doméstica e reducir residuos

Acaba de poñer en marcha unha nova campaña para potenciar a reciclaxe doméstica entre os seus veciños coa entrega de novos composteiros individuais. Unha iniciativa levada a cabo pola concellería de medio ambiente coa que se busca reducir os residuos orgánicos xerados polos fogares para a súa transformación en fertilizante natural.

Os interesados deberán presentar a súa solicitude no rexistro municipal e o mestre composteiro municipal poñerase en contacto con eles para concertar unha cita para a súa recollida. Durante esta cita, o mestre explicará a mellor maneira de optimizar o uso do composteiro e proporcionará unha pequena guía de uso a cada participante.

Do mesmo xeito, o mestre explicará os pasos para seguir durante o seguimento que se fará dos composteiros e co que se pretende guiar aos participantes durante o proceso de reciclaxe orgánica e garantir o correcto uso dos composteiros.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 812 veces


Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

Instalación de composteiros nos Centros Educativos

24-10-2019 / Medio Ambiente

O Concello de Soutomaior acaba de instalar seis novos composteiros en todos os centros educativos do municipio. A medida servirá para reducir os residuos xerados polos centros, principalmente polos comedores escolares, á vez que serve para inculcar hábitos de reciclaxe responsables co medio ambiente entre os alumnos e alumnas. En total instaláronse seis unidades de compostaxe doméstica nos cinco centros educativos do...

Recuperación dos muíños de Daión

30-08-2019 / Medio Ambiente

O Concello de Soutomaior propúxose recuperar o seu patrimonio etnográfico para aproveitalo como un recurso turístico máis para o municipio. Así, o goberno local acaba de dirixir unha consulta a Deputación de Pontevedra para determinar se existe a posibilidade de expropiar un total de oito muíños tradicionais en estado de abandono. O Concello de Soutomaior está a levar a cabo...

Charla sobre a limpeza nas franxas de protección contra incendios

19-06-2019 / Medio Ambiente

 Mércores 19 de xuño ás 16,00 h. Casa do Concello  O conselleiro de Medio Rural, José González, manterá hoxe un encontro cos veciños de Soutomaior para explicar as tarefas de limpeza que a Xunta levará a cabo nas franxas de protección que rodean os núcleos de poboación do municipio.  A charla celebrarase no salón de actos da Casa do Concello de Soutomaior...

Día mundial do medio ambiente “Composteiros”

05-06-2019 / Medio Ambiente

O concello de Soutomaior recibiu unha partida dende a Deputación de Pontevedra de 30 composteiros individuais xunto con outros tantos aireadores para poder remexer no interior dos mesmos. Estes novos composteiros únense ós máis de 60 xa repartidos dende comezo de ano dende o concello polo mestre composteiro ó cargo para xestionar os biorresiduos xerados nos fogares que dispoñan de horta...

Permisos para as fogueiras de San Xoan

04-06-2019 / Medio Ambiente

Aviso Xa se poden pedir permisos para as fogueiras de San Xoan. Nas oficinas municipais están a disposición as solicitudes para facelo. O prazo de presentacion de solicitudes remata o venres día 21 de xuño as 12:00

Convenio de colaboración entre o Concello de Soutomaior e a Confraría de Arcade

24-05-2019 / Medio Ambiente

 O Concello de Soutomaior e a Confraría de Arcade, representados polo alcalde, Agustín Reguera, e o patrón maior, Alberto Cal, asinaron o convenio de colaboración para a subvención de compra de semente de ameixa para iso o goberno local destina 15.000 euros para axudar ao sector marisqueiro. O acordo pretende aliviar a situación do sector para afrontar a campaña de sementa. Co...