Venres, 22 Decembro 2017 12:34

Concerto de Habaneras

A Rondalla de Redondela e Airiños do Mar de Teis

Sábado 23 de decembro ás 20.30 h. – Multiusos de Arcade

A Rodanlla de Redondela:

A Rondalla de Redondela está constituída por corenta voces masculinas, acompañadas por instrumentos de corda como laúdes, guitarras e mandolinas. Formouse en 2010 a partir de integrantes da comparsa "Tío Emilio" e conta cun disco gravado, "Cantares 1953-54", con composicións da década dos 50 do século pasado.

Os músicos da Rondalla reconstrúen antigas cancións e adáptanas á súa instrumentación tratando de manter intacta a esencia de cada tema. Pezas como "A miña terra do amor", considerada un himno oficioso de Redondela, " Veneciana", "Noite de maio" ou as habaneras e outros ritmos latinoamericanos traídos por emigrantes.

Airiños do Mar de Teis:

Airiños do Mar de Teis” é un grupo de 15 compoñentes, acompañados de guitarras, acordeóns, gaitas e diferentes percusións e que conta cun variado repertorio, boleros, folclore ou música tradicional galega.

 O grupo está formado por compoñentes da Coral casablanca e doutras formacións como A Roda, Luada e de colectivos de Teis.

 




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Concerto Musical – Quinteto Artístico

04-09-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Multiusos de Arcade – Venres 7 de setembro ás 20,30 h. A música clásica ten o seu espazo dentro da programación cultural do Concello de Soutomaior. Cinco novos músicos :Raúl Viceiro,Nicolás Cabaleiro, Conny Lechner, Manuel Bastos e Raul, ofrecerannos unha serie de obras cos seus instrumentos preferidos: Fagot,Oboe,Frauta,Trompa e Clarinete. Este concerto é unha mostra máis da colaboración do Concello de...