Mércores, 06 Marzo 2019 09:49

Desfile de entroido en Arcade

Desfile de entroido en Arcade

O Concello de Soutomaior celebra este domingo día 10 de marzo o seu tradicional desfile de Entroido. A cota de inscrición completouse hai tempo garantindo a presenza das 20 comparsas que podían participar como máximo ademais da realizada polos nenos do concello que asisten ao taller de comparsas municipal.

Quedaron en reserva outras 14 agrupacións que por falta de espazo non poderán participar e para substituír a algunha das admitidas por se lle xurdise algún problema de asistencia

As comparsas volverán demostrar a súa creatividade e imaxinación nun colorido desfile de Entroido, cargado de orixinais creacións e moito humor.

O tradicional desfile de comparsas dará comezo ás 17:00 horas no cruze da avenida Xosé Solla co Calvario. Desde alí, as agrupacións encherán de alegría, música e cor a rúa principal de Arcade no seu camiño ata a Alameda Talo Río.

Abrirán o desfile 4 “ saltamontes” xigantes que animarán ao público durante todo o percorrido.

A xornada terminará cunha gran festa chea de diversión e música onde a actuación do grupo “ 3. Com “poñerá a bailar aos asistentes ata as 22:00 horas.

Ademais das comparsas do municipio, este ano desfilarán outras de Redondela, Pontesampaio, Pontellas, Bembrive , Matamá,etc.

A relación de comparsas que desfilarán son:

“O Verduxo”, Comparsa A Vila,- Amigos dos Rapaces, Moreira A Tope,  Miúdos, As Marchosas de Arcade, Comparsa Pontellas,  Airiños da Peneda, Os Festeiros de Bembrive, Mulleres Rurais de Xustáns, A Pandilla, Revolución Show, A.R.C. de Guizán, Trompos Ós Pés, Terra de Condes , Os Rumorosos de Pondal, Os 100 Tolos,  Os Amoriños de Bora, As Sonecas e As catro estacións de Matamá.

Desde o Concello de Soutomaior infórmase que a partir das 16.00, pecharase ao tráfico a Avda. Xosé Solla e a Rúa Rosalía de Castro e que estará prohibido aparcar desde as 15:00 h. nas citadas rúas desde o cruzamento coa rúa Cochón, polo que se agradece a colaboración veciñal para evitar problemas.

En caso de aplazamento debido ao mal tempo o desfile trasladarase ao próximo domingo 17 de marzo


Publicado en Cultura
Visto 1813 veces


Concellería de Cultura
Casa do Concello

Teatro Fonte da Tella – A visita do inspector

25-09-2019 / Cultura

O vindeiro domingo día 29 de setembro ás 20 horas na Casa do Pobo do Val- Sobral.  O grupo de teatro Fonte dá Tella pon en escena a obra “A visita do inspector” de John B. Priestley. Nunha cea tranquila, dunha familia supostamente honesta, á que asistiron, Arthur, Sybil, Eric, Edna e o seu noivo Gerald queda interrompida pola visita do inspector...

Xoves de Conto – O Xigante

02-10-2019 / Xoves de Conto

Biblioteca Municipal – Xoves 3 de outubro ás 17,30 h. A partir do conto de Oscar Wilde. A Compañía do Elefante Elegante presenta un espectáculo de pequeno formato para bibliotecas destinado ao público infantil entre os 3 e os 8 anos. A narración oral é acompañada polo teatro xestual e pola constante presenza da música. "O Xigante" é unha historia na que...

Biblioteca Municipal – Clubs de lectura

25-09-2019 / Club de Lectura

Club de lectura infantil  A partir do martes 1 de outubro ábrese a inscrición ao club de lectura infantil. Divídese en dous grupos: Un de 6 a 8 anos e outro para nenos de 9 a 10 anos. O horario será os mércores alternos de 18:00 a 19:00 horas. Os interesados deben de inscribirse na Biblioteca Luís Seoane de Soutomaior na...

Teatro Fonte da Tella – A visita do inspector

25-09-2019 / Cultura

O vindeiro domingo día 29 de setembro ás 20 horas na Casa do Pobo do Val- Sobral.  O grupo de teatro Fonte dá Tella pon en escena a obra “A visita do inspector” de John B. Priestley. Nunha cea tranquila, dunha familia supostamente honesta, á que asistiron, Arthur, Sybil, Eric, Edna e o seu noivo Gerald queda interrompida pola visita do inspector...

Xoves de conto – Seoane, laboratorio de formas

18-09-2019 / Xoves de Conto

Xoves 19 de setembro ás 17,30 h. – Biblioteca Municipal O Día das Artes Galegas 2019 estivo adicado a Luís Seoane e con este motivo presentamos unha actividade centrada na figura deste artista multidisciplinar que explorou o camiño da arte desde numerosas perspectivas pero sobre todo foi un grande impulsor da cultura galega fora das nosas fronteiras. A súa obra plástica, marcada...

Xoves de conto -Soledad Felloza-Xeografía do imaxinario

11-09-2019 / Xoves de Conto

Xoves 12 de setembro ás 17,30 h. – Biblioteca Municipal Dentro da programación “xoves de conto” está semana preséntase: "Xeografía do imaxinario: contos e lendas da mitoloxía galega", a cargo de Soledad Felloza, trátase da narración de mitos e lendas galegas: trasnos, mouras... “Galicia ten un mapa que ás veces non se ve: un mapa que necesita que o volvan a contar porque...

TV Concellería de Cultura