Mércores, 19 Decembro 2018 13:08

Programación fin de semana 22 e 23 decembro

Programación fin de semana 22 e 23 decembro

As actividades comezarán o sábado 22 a partir das 19:00 horas, coa entrega de premios do tradicional Concurso de Postais do Nadal do Concello de Soutomaior.

Con máis de 250 postais presentadas, este ano o concurso destaca pola alta participación de veciños de todas as idades. As postais premiadas permanecerán expostas durante todo o Nadal no Multiusos de Arcade.

A partir das 18:00 horas, celebrarase o tradicional Festival Solidario en favor de Cáritas Arcade que contará coa participación da Asociación Cultural Miúdos, os alumnos das diferentes escolas e actividades municipais como baile latino, baile moderno, baile galego, pandereteiras,danza do ventre,etc.e a cantante Yeni Cruz, coñecida como “la negra”.

O domingo, a partir das 20:30 horas no Multiusos, terá lugar o tradicional concerto de Nadal a cargo da Banda de música Artística de Arcade, e no que tamén participarán os alumnos da escola municipal de música.




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Teatro Fonte da Tella “A visita do inspector”

18-07-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

O Multiusos de Arcade acolle este venres, a partir das 21:30 horas, a representación teatral “A visita do inspector”, do dramaturgo británico JB Priestley. A interpretación correrá a cargo do grupo local A Fonte da Tella. A obra, dun marcado xénero de suspense, divídese en tres actos e comeza cunha cea na casa da familia Birling na que se valora o...