Grupos musicais (3)

Toxo Verde nace a partir de “Cinzas” (2017), un documental sobre a problemática dos incendios en Galiza. Neste proxecto, Clara e Jose descobren que teñen as mesmas inquedanzas. Dende o 2017 ata agora traballan en diversos proxectos xuntos ata que deciden crear unha Produtora Cultural a partir dos valores que comparten.

Deste xeito, a Produtora Cultural Toxo Verde ofrece un servizo coidado, en galego, á medida do usuario e sempre tendo presente a natureza. Toxo Verde fai cultura dende o rural e entre os seus servizos está a representación de artistas e bandas galegas do panorama musical actual.

Grupos musicais en xeral (pop, rock, ska, clásica, folk…)

Grupo de música que toca, tanto cancións propias, como versións de granddes éxitos do rock e pop tanto nacionais como internacionais. Cun ano de traxectória, xa participou en varios eventos culturais entre os que destacan concertos en bares e salas da contorna e acompañamentos musicais en recitais de poesía.