Sara Obelleiro Argibay

Esta artista local, conta cunha traxectoría que pódese ver reflectida nas obras da exposición que se presentará no Multiúsos de Arcade no marco do programa Artellando promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Soutomaior.

Dende os seus comezos no mundo da arte, as acuarelas foron unha das súas paixóns compartindo este posto coa fotografía, outro grande que me a leva acompañando dende que tivo a súa primeira cámara, alí polos 10 anos.

Xa na etapa dos estudos deu un pequeno rodeo ata atoparse estudando Belas Artes na facultade de Pontevedra, alí descubriría a admiración por todas as disciplinas artísticas, ainda que sempre con máis afinidade polas xa mencionadas.

Grazas a certos compañeiros e compañeiras obtivo os coñecementos para achegarse a outras ramas da arte que ainda non explorara, como pode ser o vídeo, algo que gardou con gran agarimo no corazón a pesares de parecerlle demasiado complexo, xa que grazas a este tiveron a primeira exposición no museo de arte contemporéno CGAC.

Unha das disciplinas coas que mellor se entendeu foi coa pintura, e en concreto o óleo foi co que máis lle gustou expermientar, a pesares diso a finais da carreira decidiu volver á fotografía para pechar asi a súa etapa nos estudos.

Na etapa que se atopa agora decidiu experimentar sobre todo coa arte dixital, disiciplina que na carreira foi máis unha ferramenta que un fin, tratando de reivindicar a importancia que ten como obra. A día de hoxe está facendo ilustracións e obras por encargo, sobre todo en dixital, e impartindo talleres con compañeiras.

Información adicional

  • Nome: Sara
  • Apelidos: Obelleiro Argibay
  • Contacto: PARA CONTACTAR CON ESTE GRUPO OU ARTISTA
    ENVÍA UN CORREO a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Medios

Más en esta categoría: « Manuel Cerviño García