Martes, 06 Xuño 2017 17:15

VI Concurso de Karaoke 2017

VI Concurso de Karaoke 2017

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar no VI Concurso de Karaoke que se celebrará o sábado 8 de xullo de 2017 ás 22.30 h.

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior convoca esta sexta edición do concurso de Karaoke coa finalidade de favorecer a participación da mocidade  en actividades de índole artística, musical, de lecer e entretemento. Aínda que a actividade vai dirixida a todas as idades a partir dos 5 anos

Poderán participar todas as persoas empadroadas no municipio que se inscriban previamente no concurso. Tamén poderán participar persoas non empadroadas no Concello de Soutomaior sempre e cando as prazas non se cubran coas inscricións dos/as empadroados. Si unha persoa empadroada participa cunha non empadroada entenderase a parella ou grupo como empadroado/a.

O número de participantes será  limitado, participarán as 30 primeiras inscricións e , a partir de aí abrirase unha lista de agarda por si hai algunha vacante e pode participar alguén máis.

Para manter a igualdade entre as persoas inscritas, non poderán traer material adicional de son como micrófonos ou outros aparatos electrónicos de calquera índole. Non se permitirá a participación con instrumentos musicais que emitan sons; a persoas/as necesariamente deberán apoiarse nunha pista de Karaoke. Non poderán participar máis dunha vez nesta edición do concurso.  Si se poderán traer elementos ou complementos que axuden a mellorar o atrezo e a posta en escena para a performance e caracterización. Nas categorías parella ou grupo todas as persoas que se vaian a subir ao escenario terán que estar inscritas canten ou non porque si acompañan bailando ou figuran en escena dalgún xeito teranse en conta a efectos de participación.

CATEGORIAS:

  • Infantil de 5 a 11 anos (individual e parella)
  • Adolescente de 12 a 17 anos (individual e parella)
  • Xuvenil/adulta a partir de 18 anos (individual e parella)
  • Grupal a partir de 5 anos ( a partir de 3 persoas)

INSCRICIÓNS:

As persoas que desexen participar deberán cubrir previamente unha ficha de inscrición na que figurarán: datos persoais das persoas que se inscriben, categoría e canción escollida.

O listado de temas ou cancións preparados para o concurso estará a disposición dos veciños e veciñas na OMIX e na web municipal www.soutomaior.com Si o tema escollido non está na lista poderán traer cando se inscriban o tema escollido nun soporte PEN ou CD e, deberá estar en formato karaoke. A confirmación da posibilidade de actuar con ese tema comunicaráselle á persoa con suficiente antelación para que poidan escoller outro tema. Non se poderán escoller temas que xa se escolleran en edicións anteriores.

Na ficha de inscrición especificarase tamén si se quere ensaiar o tema previamente e escollerase un día e hora, entre as posibles opcións de ensaio ofrecidas.

O prazo de inscrición remata o 19 de xuño de 2017 ás 20,30 h (ou ata cubrir prazas).

Máis información e inscriciós na na OMIX, Tel. 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Xuventude
Visto 2226 veces


Concellería de Xuventude
OMIX

Adianto das Escolas Municipais de Xuventude

31-07-2019 / Xuventude

Desde o 2 ao 20 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Municipais: ESCOLAS MUNICIPAIS DANZA E MOVEMENTO Actividade 1: DANZA DO VENTRE Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e horario: xoves de 21 a 22 h Actividade 2: BAILES LATINOS Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e horarios:martes de 21 a 22 h Actividade 3: DANZA URBANA CONTEMPORÁNEA Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e...