Martes, 15 Xaneiro 2019 20:46

Novas actividades de formación para a xuventude!

Novas actividades de formación para a xuventude!

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar nas actividades do primeiro trimestre do ano.  Comezamos con novas actividades formativas que teñen unha alta demanda entre o colectivo xuvenil como son o curso de carretas elevadoras que durará 16 h das cales  seis horas serán prácticas nunha empresa para que a mocidade poida ter unha toma de contacto con estes vehículos e aprender a usalas con seguridade. Convocamos tamén un curso oficial de monitores e monitoras de tempo libre que de impartirá durante os fins de semana para que se poidan ccombinar estudios, traballo e formación co fin de flexibilizar e que a mocidade poida seguir formándose a través dunha proposta formativa non formal que complemente a súa experiencia laboral e tamén que os achegue a novos recursos para o emprego.  Ademais, tamén ofertamos un curso de preparación para participar nas probas libres da ESO que convoca a Xunta de Galicia dirixido a aquelas persoas que non puideron rematar os seus estudos básicos e así poidan seguir formándose e adquirir esta titulación tan importante para acceder ao mercado laboral e á formación. Xunta a estes tamén contamos cun curso de manipulación de alimentos.

Por outra banda, en febreiro continuamos coas clases da Escola Municipal de Cociña cuxo proxecto será máis participativo onde mozos e mozas proporán novos menús da man de novo profesorado e e nun novo lugar onde se impartirán as clases.

E, tamén avanzamos a proposta de Entroido coa apertura do prazo de inscrición para participar na Comparsa municipal de Entroido.

As inscricións nas actividades realizaranse en liña a través da web https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

Calquera dúbida ou aclaración consultade coa OMIX 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Xuventude


Concellería de Xuventude
OMIX

Xa está aberto o prazo para presentarse ao Concurso Verbas para... comunicar 2019

04-04-2019 / Verbas para... comunicar

Comezamos coa XII Edición do Concuso en lingua galega Verbas para Comunicar que convoca a Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior. Vai dirixido a mozos e mozas en idades comprendidas entre os 12 e os 20 anos.  Co gallo do Día das Letras Gaelgas o Concello de Soutomiaor promove este concurso que relaciona comunicación, mocidade e lingua galega. Co...