Martes, 18 Decembro 2018 19:47

Inicio do programa xuvenil TI DECIDES"

Inicio do programa xuvenil TI DECIDES"

O Concello de Soutomaior pon en marcha  o programa TI DECIDES! que se desenvolverá ó longo de todo o curso no CEIP Padin Truteiro, no colexio Santiago Apostol e  IES de Soutomaior. Trátase dun programa xuvenil de intervención  socioeducativa que se desenvolve nos centros educativos coa súa colaboración co fin de promover entre a mocidade conductas máis saudables e respetuosas. O programa ten un carácter preventivo e cada ano ofértanse aos centros diferentes obradoiros nos que se tocan temáticas moi variadas: educación afectivo - sexual,  adiccións, consumos de sustancias nocivas para a saúde, ciberseguridade e cidadanía dixital, conflicto e mediación xuvenil, etc. Cada obradoiro está deseñado en función das idades das persoas que participan co cal a programación das sesións realízase contando coa colaboración dos departamentos responsables en cada centro para que os obradoiros se adapten ás necesidades do alumnado no momento no que se imparten. Este programa xa conta con moitas edicicións polo que todo o alumnado acaba participando en  cada temática xa que se van rotando de ano en ano.

Este ano ademais, introducimos un tema novo que é a Educación en Valores asistidos por cans de terapia en entornos educativos. Traballaremos nestas sesións valores como  a solidaridade, o traballo en equipos, o respeto  co fin de reforzar a idea de que  as diferenzas son as que nos fan únicas e especiais como un valor positivo para a integración e a tolerancia. O alumnado participará nunha xincana na que terán como aliados a UMA, TRUFA, GOOFY e ECO que son os cans e cadelas que lles amosarán ao nenos e nenas como se poden facer as cousas dun xeito diferente. 

O programa vai dirixido a alumnado de 5º e 6º de primaria e a alumnado de secundaria e bacharelato.

A primeira sesión comezou este martes 18 de decembro no IES de Soutomaior coas sesións de sexualidade impartidas para  3º da ESO  por AMAINA e este mércores terán a sesión  de educación en valores o alumnado de 1º da ESO impartidas por YRACAN, tamén no IES de Soutomaior

Desde o Concello queremos agradecer a colaboración de todos os centros educativos do municipio porque fan posible que se poida encaixar e integrar este programa dentro da labor docente  e da  programación de actividades de cada centro.

 

 

 


Publicado en Xuventude


Concellería de Xuventude
OMIX

Novas actividades de formación para a xuventude!

15-01-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar nas actividades do primeiro trimestre do ano.  Comezamos con novas actividades formativas que teñen unha alta demanda entre o colectivo xuvenil como son o curso de carretas elevadoras que durará 16 h das cales  seis horas serán prácticas nunha empresa para que a mocidade poida ter unha toma de...

Terapia con cans no instituto

20-12-2018 / Xuventude

O instituto do Concello de Soutomaior acolleu onte unha demostración de terapias con cans a cargo dun centro especializado en intervencións asistidas con animais, unha iniciativa na que os estudantes puideron tomar contacto coas múltiples posibilidades que ofrecen os cans para mellorar a autoestima, potenciar a empatía e tolerar a...

Inicio do programa xuvenil TI DECIDES"

18-12-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior pon en marcha  o programa TI DECIDES! que se desenvolverá ó longo de todo o curso no CEIP Padin Truteiro, no colexio Santiago Apostol e  IES de Soutomaior. Trátase dun programa xuvenil de intervención  socioeducativa que se desenvolve nos centros educativos coa súa colaboración co fin...

Chega o Nadal! Excursión ó parque temático Perlim

08-11-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior dentro da programación deseñada para este Nadal 2018 organiza para o sábado 15 de decembro unha excursión para visitar o maior parque temático de Nadal situado en Santa Maria da Feira (Portugal). PERLIM é un lugar para soñar e imaxinar, onde os seus habitantes teñen características únicas...

Samain 2018

09-10-2018 / Xuventude

 O programa municipal de celebración da festa do Samaín deste ano conta con novidades para fomentar a participación da xente nova nesta festa popular galega. O Samaín foi a orixe de todo. En gaélico, Samhain significa «fin do verán», pois os/as antigos/as celtas celebrábano nese momento de transición do estío...

Programa de novos cursos e actividades

08-10-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca novos cursos e actividade para os meses de outubro novembro e decembro. Durante estes meses a Concellería de Xuventude ten programadas diferentes actividades: formativas, lúdicas e de participación xuvenil. Comezamos agora en outubro con cursos como: carnicería con prácticas en empresas, iniciación á internet e...

Resultados de clasificación da ARCADE JAM - Cultura urbana Concello de Soutomaior 2018

19-09-2018 / Xuventude

 Os resultados e clasificación das persoas que participaron na ARCADE JAM, campionato de BMX e SCOOTER, celebrada o sábado 15 de setembro no Peirao de Arcade,  organizada dentro do programa do festival de cultura urbana organizado polo Concello de Soutomaior foron os seguintes: Xuíces: DANIEL FERREIRA ALONSO DIEGO CAMPO OTERO   RESULTADOS MODALIDADE SCCOTER +14 1º...

IV Festival de Cultura Urbana

11-09-2018 / Festival de Cultura Urbana

Remata o prazo para inscribirse nas actividades do IV Festival de Cultura Urbana que organiza o Concello de Soutomaior. Nesta edición contamos cun programa variado de actividades que abarcan desde o campionato de BMX e Scooter ata obradoiros de parkour, graffiti e personalización de gorrar trucker. Todas estas actividades desenvolveránse...

Novas actividades para a xuventude. Prazo aberto ata o 26 de setembro

07-09-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior pon en marcha a programación xuvenil de novas actividades que se iniciarán no mes de outubro: teatro, circo, danza do ventre, bailes latinos, guitarra española, cociña, debuxo e pintura. etc.. Este ano a programación anual conta con dúas novas actividades: a de circo que será unha actividade...

Festiflow

19-07-2018 / Xuventude

O venres 3 de agosto a parir das 19.30 h no Peirao de Arcade terá lugar o F3STIFLOW. O Concello de Soutomaior pon en marcha esta nova proposta de lecer dirixida á mocidade que combina: música, arte e danza contemporánea. O Festiflow recolle a iniciativa dun grupo de DJ de...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva dúas accións voluntarias. A segunda acción voluntaria: imos informar e concienciar coa que se pretende informar e concienciar sobre a...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva dúas accións voluntarias. Este domingo 15 de xullo de 17 a 20 h terá lugar na Ponte Colgante de Soutomaior...

Obradoiro de ecopercusión para o verán: música e reciclaxe.

03-07-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca un obradoiro de ecopercusión dirixido á mocidade para iniciarse no mundo da percusión partindo de elementos de reciclaxe que se convertirán en instrumentos musicais. Con este obradoiro os rapaces experiementarán con elementos como bidóns, caldeiros de pintura, botellas ou latas de conserva co fin de...