O Concello de Soutomaior organiza a Festa de Samaín para o sábado 29 de outubro. O programa para este ano conta con moitas novidades. Unha delas é que a Festa trasládase á Alameda de Talorío na que se concentrarán a maior parte de actividades: obradoiros, animacións de rúa, contacontos, música, bailes, aquelarre e queimada, etc. Iniciamos a xornada ás 17 h cos obradoiros dirixidos a todas as idades, para os cales non fai falta inscribirse previamente.
Paralelamente comezará a animación de rúa "Coidado coa meiga" que percorrerá algunhas das rúas dos arredores ata regresar á Alameda e continuar coa festa dando paso á seguinte animación que consistirá en Cazar á Meiga, durante a a cal haberá que superar moitas probas e acertixos. Continuaremos cun contacontos sobre as Lendas do Samaín a cargo de Coida e Miolo. Xa case no remate sobre ás 19,45 presenciaremos un aquelarre durante o cal as meigas e o bruxo farán un esconxuro con moitas sorpresas. O programa pecharase coa proxección da película La Visita ás 21 h no Multiusos.
Programa Samaín 2016
17 a 18,00 h Obradoiro de pócemas e beberaxes
17 a 19,00h Obradoiro de maquillaxe de medo Obradoiro de meigas de outono
17 a 18,15 h Animación de rúa: COIDADO COA MEIGA
18,15 a 19,00h Animación de rúa: Á CAZA DA MEIGA
19,00 a 19,45 Contacontos: Codia e Miolo “Lendas do Samaín”
19,45 a 20,05 h ESPECTÁCULO FIN DE FESTA: AQUELARRE E QUEIMADA
18,00 a 20,00 h Tren asador de CASTAÑAS - DEGUSTACIÓN Alameda Talorío
E, para finalizar durante a Noite de Samaín no Multiusos,
21,00 CINE DE MEDO: LA VISITA Lugar: Multiusos, Arcade
* Os horarios poden sufrir pequenas modificacións. En caso de choiva cancelarase previamente.