EU POÑO A MÁSCARA POR “....”

EU POÑO A MÁSCARA POR “....”

Image

E TÍ, A QUEN PROTEXES?

Esta campaña ten como finalidade a de sensibilizarnos sobre o uso da máscara en todos os contextos e momentos das nosas vidas cando compartimos espazos con outras persoas e non podemos manter a distancia de seguridade. Non é o único é elemento preventivos fronte á pandemia COVID-19 pero é moi importante para evitar contaxios e que se siga propagando.

Por iso, con esta campaña quérese reforzar o traballo que estamos a realizar entre todos e todas poñéndose en valor os esforzos que cada un e cada unha de nós fai no seu día a día para protexer ás demais persoas, a todas e cada unha. Persoas que son importantes nas nosas vidas e ás que queremos protexer de xeito que se cada persoa cumpre as normas pensando nas súas persoas máis próximas e máis queridas entón seremos moitas as persoas que estamos loitando contra esta pandemia día a día.  

Image
 ÚNETE A NÓS! 
venceremos á COVID-19, coidándonos e PROTEXENDO á nosa familia, amizades e veciñanza.
Image

  INSCRICIÓNS 

O prazo de participación será desde 23 de novembro ata o 18 de decembro de 2020.

Admitiranse  a sorteo soamente os vídeo presentadas durante este tempo.

Quen pode participar? 

Requisitos: Mozos e mozas de 10 a 35 anos empadroadas/as no Concello de Soutomaior.

Tamén poderán participar persoas non empadroadas que sexa alumnado das Escolas Municipais de Debuxo e Pintura, Teatro, bailes latinos, danza do ventre.

No caso de ser menores de idade cando te inscribas será necesaria a autorización de teu pai/nai/representante legal.

Image

SE PARTICIPO, QUE PASA?  

  • Formarás parte da rede de Heroínas e Heroes con Máscara.
  • Recibirás na túa casa a túa MÁSCARA PERSONALIZADA CO LOGO da campaña.
  • Entrarás no SORTEO de 2 ORDENADORES PORTÁTILES

OS VÍDEOS DAS HEROÍNAS E HEROES

 CON MÁSCARA  DE SOUTOMAIOR

OS VIDEOS DAS HEROÍNAS E HÉROES

 CON MÁSCARA  DE SOUTOMAIOR

SENTIDIÑO
Noe Parada Fariña
TEMPOS DE COVID
Unai Parada Fariña
MÁSCARA NAS REDES
Borja Martinez Ocampo
SANTI COA MÁSCARA
Santiago Aguirre Gomez Corta
MOITO SENTIDIÑO
Manuel Del Río Lago
HEROÍNA POR MEUS AVÓS
Lucía Cima Orge
A MÁSCARA PODE SALVAR VIDAS
Iria Garrido Escudero
YO TE PROTEJO
Marcos Bouzón Gil
YO TE PROTEJO
Alexia Bouzón Gil
A IMPORTANCIA DA MÁSCARA NO MUNDO
Noa Iglesias Conde
XUNTOS-AS PODEMOS
Judith Duarte Raña
POR TODOS
Antón Garrido Escudero
POLAS PERSOAS EN RISCO...
Fiz Garrido Escudero
POLOS AVÓS
Marina Portela Vidal
POLO BEN DA HUMANIDADE
María del Mar Ruíz Ramírez
PROTEXER E PROTEXERME
Lola e José Álvarez Arza