A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior convoca SOUTOMAIOR ORIENTA. O deporte de orientación cumpre á perfección o dito de “mens sana in corpore sano” xa que combina pensar e moverse por un espazo aberto co uso dun plano e un compás.
É unha actividade moi boa para manter ou mellorar a forma física ao tempo que nos achega ao noso medio dun modo aventureiro. Ademais, permite compartir gustos e aficcións cos amigos e amigas así como coñecer a xente nova á que tamén lles gustan os deportes na natureza.
O lugar de realización da proba será nos arredores do campo da Feira en Arcade. Estará dirixida por monitores/as especializados do Clube de Montañeiros de Pontevedra.
Dirixida a todas as idades (menores de 9 anos acompañados-a dunha persoa adulta; a partir de 9 anos poden sós) pódese práctica de xeito individual ou en grupo. O nivel será de iniciación
Datas e horario: domingo 11 de setembro de 2016 de 10,00 a 13,00 h.
Lugar: saída do Campo da Feira, Arcade.
Custe: 1€/participante
Prazas: 40
Máis información e inscricións na OMIX (Multiusos): prazo ata o 7 de setembro.
O CONCELLO DE SOUTOMAIOR