O Concello de Soutomaior comunica que xa está aberto o prazo de inscrición para participar no I Torneo Amateur de Xadrez organizado dentro das actividades de promoción da Escola Municipal de Xadrez.
Establécese unha única categoría aberta a todos os/as veciños/as de Soutomaior, sen limitación de idade. Non é de índole profesional así que toda persoa que saiba xogar algo poderá participar sen dificultade.
Para este torneo contamos coa participación do mestre internacional Pablo García (único equipo na 1º división nacional. Sete veces campión de España e campeón Galego absoluto): Sistema e ritmo de xogo: torneo Suízo a 5 partidas de 5m + 3s de incremento por xogada.
Data e horario: venres 3 de xuño de 19 a 21 h
Inscricións: ata o 30 de maio na OMIX, Tel. 986700822
Sede do torneo: auditorio exterior do Multiusos, Arcade
Dirección Técnica: Escola Xadrez Pontevedra
Consultar as bases na Web oficial: www.soutomaior.com
Todas as persoas que participen recibirán un pequeno agasallo.