fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 25 Novembro 2015 10:53

Obras saneamento en Comboa e Sobral

Obras saneamento en Comboa e Sobral

O Concello de Soutomaior finaliza as obras de saneamento en Sobral e a conexión do saneamento en Comboa.

As obras do saneamento en Sobral tubo como obxecto conectar á rede as vivendas existentes que na actualidade non estaban conectadas. Proxectouse un colector con pozos intermedios e conexión a un pozo de bombeo que se construíu ao bordo da estrada. Desta maneira na zona descrita deixáronse rematadas as conexións á actual rede de saneamento de Soutomaior conseguindo un todo armónico e interconectado.

O orzamento da obra fixouse en 67.128,90 €

Outra das obras finalizadas na parroquia de Soutomaior foi a da conexión do saneamento en Comboa.

As obras foron para renovar a tubaxe en rio, conectar coa rede existente en Comboa e renovar as bombas existentes na Pedreira. Renováronse as dúas bombas en paralelo, cunha potencia de 6 KW no pozo de bombeo existente, retirouse a antiga tubaxe que cruza o rio e renovouse cunha tubaxe de polietileno de alta densidade.

O orzamento da obra ascendo á cantidade de 37.912,57 €

Estas dúas obras, encadradas dentro do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 da Deputación de Pontevedra, achegan ao Concello de Soutomaior ao 100 % do saneamento integral da súa rede de residuos.


Publicado en Vias e Obras
Visto 1638 veces