fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 30 Outubro 2015 11:24

Traballos de asfaltado en varios camiños por todo o municipio

Traballos de asfaltado en varios camiños por todo o municipio

Anticipando a chegada do inverno, o Concello de Soutomaior acaba de finalizar as obras de acondicionamento en diversos camiños do municipio.A mellora comprende a reparación e asfaltado dun total 6256 metros cadrados divididos en cinco actuacións, dúas na parroquia de Soutomaior e tres na de Arcade. O proxecto conta cun orzamento total de licitación de 92.751 euros.

 Dada a ampla superficie de Soutomaior, e o gran número de estradas e camiños existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicada e require constantes proxectos de pavimentación que rexeneren a capa de rodaxe, especialmente ante a chegada das choivas invernais. Con esta intención realizouse estes traballos, poñendo especial interese en zonas crave para a seguridade viaria, como o acceso ao colexio público Padín Truiteiro.

 Os traballos de mellora divídense en cinco camiños. Os dous primeiros, Sobral e Pedreira, están situados na parroquia de Soutomaior. A actuación no camiño Sobral comprende a instalación de 1565 metros cadrados de aglomerado asfáltico, ademais das correspondentes marcas viarias horizontais e a colocación de 10 tapas de rexistro. Pola súa banda, a mellora do camiño de Pedreira inclúe o reasfaltado de 1514 metros cadrados ademais de 25 tapas de rexistro e rejillas para a recollida de augas pluviais.

 En Arcade melloráronse tres camiños, Portas, Valmonte e o acceso ao colexio . No primeiro deles acondicionáronse e asfaltado 1185 metros cadrados e instaláronse 6 tapas de rexistro e rejillas. No camiño Valmonte instaláronse 542 metros de asfalto novo ademais da instalación de tres tapas de rexistro e sumidoiros. Por último, o acceso ao colexio público Padín Truiteiro seha mellorado con 1530 metros cadrados de aglomerado asfáltico novo e a instalación a nivel de 12 tapas de rexistro e rejillas de sumidoiros que garantirán o bo estado do viario nos días de choiva, ademais de prolongar a vida útil da nova capa de rodaxe.

 

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, definiu estes traballos como “de gran utilidade para o concello. Algúns son camiños moi transitados que conectan zonas nas que vive moita xente, e outros, como o acceso ao colexio, supoñen unha prioridade en canto a seguridade viaria”

Estas obras están encadradas dentro do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 da Deputación de Pontevedra


Publicado en Vias e Obras
Visto 1826 veces