Tráfico
Tráfico +
Martes 19 Mar 2024Día do Pai |
O vindeiro venres 2 de xuño terá lugar unha xornada de seguridade viaria dentro da campaña “Faite Ver”, de mellora de seguridade viaria, e que é posible grazas á colaboración conxunta da Consellería de Medio Ambiente, a DXT e o Concello de Soutomaior. Nesta ocasión os esforzos centraranse fundamentalmente no que incumbe á seguridade dos peóns.
A primeira das charlas será na Casa da Cultura de Soutomaior ás 19,45 horas e o mesmo día ás 21,00 horas no Multiusos de Arcade.
Ademais da explicación dos contidos didácticos, duns 40 minutos de duración, a actividade complementarase coa entrega a cada participante dun chaleco reflector.
Este tipo de campañas, que, aínda que orientadas a todo tipo de usuarios, fai especial fincapé nas persoas da terceira idade pertencentes ao rural.
Desde o Concello de Soutomaior o obxectivo será contribuír a erradicar a sinistralidade nas nosas estradas, e sobre todo, evitar os accidentes en que se vexan involucrados peóns.
Tráfico
05-05-2021 / Tráfico
O xoves día 6 e o venres día 7 desde as 08,30 a 19,00 h. permanecerá pechada a estrada desde a Veiguiña Longa ata a antiga tenda por obras de...
18-02-2021 / Tráfico
O Defensor do Pobo, Francisco Fernández Marugán, acaba de remitir unha carta ao Concello de Soutomaior recoñecendo o traballo da Policía Local no marco do Proxecto Ábaco pola súa transparencia...
04-09-2020 / Tráfico
O mércores día 30 de setembro terá lugar a inspección técnica periódica de VEHÍCULOS AGRICOLAS. Lugar: EXPLANADA SALGUEIRON-XUNTO TANATORIO (SOUTOMAIOR) Horario de inspección: de 11:15 a 17:00 horas. A cita previa poderá...
05-06-2020 / Tráfico
O Concello de Soutomaior acaba de poñer en marcha a peonalización da rúa Peirao de Arcade a partir desta fin de semana. A medida quere proporcionar máis espazo peonil nunha das...
07-02-2020 / Tráfico
A Policía Local de Soutomaior, en colaboración con Policía Local de Sanxenxo, está a levar a cabo unha campaña para concienciar aos máis pequenos do municipio sobre a importancia da...
05-08-2019 / Tráfico
A Unidade Móbil de inspección técnica de vehiculas agrícolas desplazarase ao Concello de Soutomaior o xoves 26 de setembro xunto o Campo de Fútbol de Salgueirón en Arcade. O horario será...
06-03-2019 / Tráfico
O domingo 10 de marzo, a partir das 16.00 h. quedarán pechadas ó tráfico as Rúas Calvario, Xosé Solla e Rosalía de Castro,e tamén se prohibirá o estacionamento nas mesmas. O...
10-09-2018 / Tráfico
O xoves día 13 de setembro terá lugar a inspección técnica periódica de VEHÍCULOS AGRICOLAS. Lugar: Explanada Salgueirón, xunto ó Tanatorio de Arcade (Soutomaior). Horario de inspección: de 9:00 a 13:30 horas. A...
Tráfico +