Os Libros que te fan imaxinar

 

Jesús Curros Neira
Ensaio

Escenas, imaxes e sons do camiño

Estamos diante dun ensaio que pon en valor a visión e o aproveitamento de todo o relacionado co tema xacobeo desde distintos ángulos culturais. O autor ofrécenos un texto elegantemente escrito, de fácil e amena lectura que, sen dúbida, captará a atención do lector desde as primeiras páxinas.

A arquitectura, a literatura, non só a galega e española, senón toda a literatura universal, pasando pola música, tanto sagrada como profana, o cine, e xéneros como o cómic ou a banda deseñada, cítanse nesta obra que foi merecente do Premio Camiño de Santiago 2020.

Unha visión global dun fenómeno global, como é o camiño xacobeo.

Información adicional

  • Autor: Jesús Curros Neira
  • Xénero: Ensaio
  • No Rexistro: 33022
  • Editorial: Xerais
  • Ano de Publicación: 2021
Visto 18 veces