Os Libros que te fan imaxinar

 

Diego Piay Augusto
Guías, Historia

O castelo de Soutomaior : un lugar cheo de historias

Este libro non é un ensaio histórico, nin unha guía convencional. Trátase dunha obra ilustrada que nos levará a descubrir unha fortaleza que se eleva maxestosa e silente, dominando o val do río Verdugo, na provincia de Pontevedra, e que pasou de ser centro de poder na Galicia medieval a caer no esquecemento, e rexurdir de novo a finais do século XIX. Unha narración enriquecida con multitude de anécdotas e informacións descoñecidas ata hoxe, e que inclúe máis dun cento de fotografías (históricas e actuais), ilustracións e planos que somerxirán á lectora na historia dun dos castelos máis sobresaíntes de Galicia. Do mesmo autor que "María Vinyals, la mujer del porvenir" (Alvarellos Editora, 2019).

 

 

Información adicional

  • Autor: Diego Piay Augusto
  • Xénero: Guías, Historia
  • No Rexistro: 32890
  • Editorial: Alvarellos Editora
  • Ano de Publicación: 2020
Visto 18 veces