Co obxecto de ofertar un lecer de calidade e contribuír no proceso de educación e integración de todo cidadán a través do deporte o Concello de Soutomaior pon en marcha as Escolas Deportivas 2017-2018.
O inicio será o luns 2 de outubro e o prazo de inscrición é desde o venres 8 ao 22 de setembro.
Os impresos, dípticos e horarios estarán dispoñibles no pavillón municipal a Montesiña, nas descargas en PDF, abaixo, e así como na pagina web www.soutomaior.com.
Iniciación ao Deporte, Multideporte, Baile Moderno, Tenis e Minitenis, Ximnasia Rítmica e Acrobática, Natación, Patinaxe e Pádel son as ofertas para os máis novos.
Pádel e Tenis, Natación Preventiva e Actividade Física para Adultos (AFA) son as propostas para os adultos.
A ocupación ao 100% do pavillón impide ampliar as ofertas deportivas para esta tempada 2017-2018 que finalizará o 2 de xuño do ano próximo.
Todos os participantes contarán con seguro de accidentes deportivos e as distintas actividades son impartidas por monitores titulados así como polas dúas técnicas deportivas adscritas ao pavillón.
Co lema de gozar do xogo e do deporte por encima de todo espéranse que nestas escolas deportivas inscríbanse máis de 300 participantes.