Martes, 07 Xuño 2022 13:40

Mañá abrimos as inscricións das Actividades de Verán

Mañá abrimos as inscricións das Actividades de Verán

Chegou o momento que todos os cativos do Concello estaban a esperar: Mañá abrimos inscricións para as Actividades de Verán.

Todos os empadroados de ata 13 anos e que teñan cumpridos os 3 anos o día 1 de xullo de 2022,  poden apuntarse ás Actividades de Verán que, un ano máis, veñen cargadas de animación, diversión e momentos inesquecibles.

Haberá un total de cinco grupos divididos por idades, todos eles cun máximo de 45 nenos e nenas. Así, o grupo ‘A’ contará cos nados os anos 2019 e 2018; o  ‘B’ nados nos anos 2017 e 2016; o  ‘C’ nados en 2015 e 2014; o ‘D’ nados en 2013 e 2012; e o ‘E’ nados en 2011, 2010 e 2009.

O prezo do plan é de 10 euros, aínda que se dous irmáns están inscritos o terceiro poderá acceder de forma  gratuíta.

En canto á programación, o día 24 deste mes publicarase, xunto á lista de admitidos, o programa da primeira semana de  actividades. Como vén sendo habitual, nas actividades nocturnas que se celebren, os menores deberán acudir acompañados dun adulto responsable.

Podedes inscribirvos no Pavillón Municipal ou no Concello, lembrade que en caso de superar o número máximo de prazas, darase prioridade por  orde de inscrición.


Cartel Cartel

Visto 878 veces

Actividades de Verán

Talo Río éncehese coa proxección do video recompilatorio das Actividades de Verán

Talo Río éncehese coa proxección do video recompilatorio das Actividades de Verán

01-08-2022 / Actividades de Verán (Deportes)

O pasada sábado Talo Río encheuse de familias que acudiron ao Festival de Clausura das Actividades de Verán. Empezamos cunha obra de teatro que encantou aos/ás máis cativos/as, para despois dar paso ao momento máis esperado, o vídeo recompilatorio cos mellores momentos. Ademais, todos os/as participantes puideron levar a casa un detalle do Concello, unha mochila chulísima para levar á praia e...

Xa dispoñible o programa da última semana de actividades de verán

21-07-2022 / Actividades de Verán (Deportes)

Na última semana  de actividades de verán deste ano, a cativada gozará de sesións de contacontos, hípica, actividades acuáticas, obradoiros de pintura e moito máis. Ademais, o sábado día 30 terá lugar a clausura das actividades ás 21.30 horas, ca representación dunha obra de teatro e ca proxección do vídeo recopilatorio das actividades. 

Semana completísima nas actividades de verán!

14-07-2022 / Actividades de Verán (Deportes)

Xa tedes aquí o programa da terceira semana das Actividades de Verán. Música, scalestrix, obradoiro de cociña e a fin de semana... A ESPERADA ACAMPADA!!! Podedes descargalo aquí.

Descarga a programación da segunda semana de Actividades de Verán

08-07-2022 / Actividades de Verán (Deportes)

Xa está aquí a programación da próxima semana das Actividades de Verán: Aquapark, camas elásticas, inchables acuáticos e moito máis nesta segunda semana de actividades.  Descarga  aquí a programación completa.       

Listas de admitidos nas actividades de verán e programación da primeira semana

23-06-2022 / Actividades de Verán (Deportes)

Os nenos admitidos nas Actividades de Verán 2022 empezan este luns cunha programación que, seguro, gozarán ao grande. Hípica, golf e un rastrexo nocturno son algunhas das actividades das que gozará a cativada do concello esta semana. A lista completa de admitidos pódese descargar aquí, así como o programa desta semana. Cabe destacar que por motivos de organización, pode haber algunhas...

Mañá abrimos as inscricións das Actividades de Verán

07-06-2022 / Actividades de Verán (Deportes)

Chegou o momento que todos os cativos do Concello estaban a esperar: Mañá abrimos inscricións para as Actividades de Verán. Todos os empadroados de ata 13 anos e que teñan cumpridos os 3 anos o día 1 de xullo de 2022,  poden apuntarse ás Actividades de Verán que, un ano máis, veñen cargadas de animación, diversión e momentos inesquecibles. Haberá un total...

Actividades de Verán 2022