Mércores, 11 Novembro 2015 12:28

Charla Trastornos da aprendizaxe

Charla Trastornos da aprendizaxe

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SOUTOMAIOR OFRECE UNHA CHARLA SOBRE OS TRASTORNOS DA APRENDIZAXE

O relatorio celebrarase no salón principal da biblioteca o martes 17 de novembro ás 18:00 horas.

A Biblioteca Municipal de Soutomaior organiza unha charla de total actualidade no ámbito da educación: "Os trastornos da aprendizaxe: cando o cerebro toma outro camiño".

A psicóloga Johana B. Argüeso, especialista en identificar, avaliar e intervir nos distintos problemas da aprendizaxe, desenvolvemento neurológico e método de ensino. Segundo indica a especialista, os humanos nacemos cun sistema nervioso central que necesita longos anos de maduración, ata conseguir alcanzar unha organización neurológica que nos permita enfrontarnos aos diversos desafíos da vida. As ferramentas neurológicas que se desenvolven durante esta primeira fase, necesitan dunha interacción coa contorna adecuada para lograr organizarse plenamente. Estas ferramentas son as que permiten aos nenos chegar á etapa da aprendizaxe escolar con máis garantías de éxito.

Durante a charla trataranse temas como as áreas cerebrais implicadas nos procesos de aprendizaxe, os tipos de dificultades que nos podemos atopar, que profesionais deben encargarse de resolvelos e exemplos prácticos para aprender a detectar cando pode existir un problema. Tamén se incluirá un apartado específico sobre a dislexia, o problema maioritario dentro dos trastornos da aprendizaxe.

Sobre a súa traxectoria Johana B. Argüeso é licenciada en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid e está especializada nas áreas Social e Educativa. Leva máis de 10 anos traballando con nenos que presentan problemas de aprendizaxe e nos últimos anos envorcou o seu coñecemento do cerebro nos trastornos educativos. Tamén é responsable da creación da comunidade virtual “A razón pola que salto” destinada a estender un mellor entendemento do Autismo.


Visto 2416 veces

Biblioteca Municipal

Unha selección de primeiro nivel para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil

Unha selección de primeiro nivel para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil

04-04-2023 / Cultura (Biblioteca Municipal)

Con motivo do día do Libro Infantil e Xuvenil, a Biblioteca Municipal fixo unha selección dos libros galardoados co Premio Andersen de Ilustración, unha distinción que conta cun gran prestixio...

A hora do conto!

14-02-2022 / Cultura (Biblioteca Municipal)

O venres 25 de febreiro volvemos cunha nova sesión do programa "A Hora do Conto" que se realiza na Biblioteca Municipal de 18 a 19.30 h. Dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos.  Inscricións previa en A hora do conto (25 febreiro) - 2022 (gabinetesoutomaior.com)

Club de lectura en Castelán.

26-01-2022 / Cultura (Biblioteca Municipal)

Iniciamos un novo Clube de lectura en Soutomaior, nesta ocasión en castelán. Terá lugar na Biblioteca Municipal  en Arcade os 1º e 3º venres de cada mes en horario de 18.45 a 19.45 h.  Vai dirixido a persoas adultas. As prazas son limitadas e as inscricións realizaranse en liña: Club de Lectura en castelán - 2022 (gabinetesoutomaior.com) Comezaremos con esta actividade o venres...

Entrega de cheque solidario a Cáritas Arcade.

20-01-2022 / Cultura (Biblioteca Municipal)

No mes de decembro o Concello de Soutomaior a través da Biblioteca Municipal organizou o mercado solidario de libros "Un libro, unha ilusión" co fin de recadar fondos destinados ás familias máis desfavorecidas do municipio e contribuír a que estas poidan acceder a recursos necesarios para o seu día a día como alimentos, roupa, etc. Recadáronse 312 euros que se...

A hora do conto!

14-01-2022 / Cultura (Biblioteca Municipal)

Chega á Biblioteca Municipal esta actividade dirixida a nenos e nenas de 4 ata 12 anos na que escoitarán, verán, tocarán, imaxinarán, partillarán…contos! Trátase dunha proposta creativa sobre historias narradas nas que nenos e nenas serán protagonistas… Achegarémoste ao mundo dos contos e da literatura a partir de creacións e narracións elaboradas por Pavís Pavós, contadores de historias cunha longa traxectoria...

Os libros chegan á túa casa!

13-01-2022 / Cultura (Biblioteca Municipal)

Bibliofogar, un servizo de balde co que a Biblioteca Municipal “Luis Seoane” de Soutomaior achega a calquera persoa que viva no termo municipal libros, vídeos, revistas, etc. Se por mor da pandemia non podes acudir fisicamente á Biblioteca, podes chamarnos ou cubrir unha solicitude para que se che recollan os libros, películas ou revistas que te levas en préstamo, e  tamén...


Os libros que che fan imaxinar

La reina en la cueva

12-02-2024 / Os libros da Biblioteca

"Un día, de repente, a Franca no le apetece pintar, ni hacer...

Vémonos mañá

18-12-2023 / Os libros da Biblioteca

"A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar...

El hombre de la guerra

18-12-2023 / Os libros da Biblioteca

"Urko Pínaga regresa del exilio para asistir al entierro de su tía...

Só ficarán cinzas en algures

08-11-2022 / Os libros da Biblioteca

"Un baleiro perfecto, un asasinato imperfecto... Unha cidade onde nunca pasa nada, catro...

Llévame a casa

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Juan ha conseguido independizarse lejos de su país cuando se ve obligado...

Patio de luces

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro...

Na néboa

26-01-2022 / Os libros da Biblioteca

"Na néboa, publicada por primeira vez en 1901, e unha hábil historia...

Antes de durmir

28-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Unha delicada historia que fala da amizade durante a infancia e o...

Virtudes ( e misterios)

20-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Premio Nacional de Narrativa 2021. El jurado de dicho premio ha seleccionado...

Las vencedoras

07-07-2021 / Os libros da Biblioteca

A los cuarenta años, Solène lo ha sacrificado todo por su carrera...

El huerto de Emerson

10-06-2021 / Os libros da Biblioteca

«La vida puede ser breve, pero la memoria de lo vivido no...

El silencio de las olas

10-05-2021 / Os libros da Biblioteca

Un sueño recurrente y perturbador. Un misterioso camafeo y una mujer en...