Mércores, 25 Novembro 2015 12:09

Regulamento municipal sobre venda ambulante

Regulamento municipal sobre venda ambulante

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR APROBA O SÉO NOVO REGULAMENTO MUNICIPAL SOBRE VENDA AMBULANTE A nova normativa pretende impulsar a Feira de Arcade e dinamizar o comercio local.

O pleno municipal de Soutomaior aprobou inicialmente a pasada semana a nova Ordenanza Municipal para a regulación da Venda Ambulante. Un regulamento que ten como principal obxectivo potenciar a feira de Arcade, que se trasladará á Alameda Talo Río, así como o comercio local ao aumentar a afluencia de veciños na zona que máis establecementos comerciais agrupa en todo o municipio.

"Pódese dicir que esta é unha ordenanza de consenso", afirmou o alcalde, Agustín Reguera, xa que a aprobación final da normativa ten lugar despois de manter varias reunións co Presidente da Asociación Galega de Ambulantes e Autónomos, D. Francisco Romeu Alvite, e a súa directiva para asegurar a máxima colaboración entre todas as partes e minimizar os posibles problemas.

“Para nós é moi importante revitalizar a feira como parte dun sector fundamental para a economía do noso municipio”, afirmou Reguera, que expresou o seu desexo de que a nova localización e regulamentación “sirvan para que a feira de Arcade e a economía local crezan e a situación económica mellore para todos”. Ademais, a nova regulación está deseñada conforme á normativa europea establecida pola Directiva de Servizos, que garante o procedemento para a concesión da autorización municipal baixo os principios transparencia, imparcialidade e publicidade.

O sistema de adxudicación farase por sorteo entre todos os solicitantes. Para poder recibir a preceptiva autorización municipal, os comerciantes deberán estar dados de alta no epígrafe correspondente do IAE, na Seguridade Social e ter un seguro de responsabilidade civil en vigor. Cada persoa física ou xurídica só poderá dispoñer dun posto. As datas da feira mantéñense como ata agora, os días 13 e 26 de cada mes. O horario será desde as 07:00 ata as 13.30 horas. Todos os postos deberán estar retirados antes das 15.30. Os novos postos serán de 4, 8, 10 e 12 metros lineais e sempre deberán estar situados de maneira que non entorpezan o paso dos peóns nin o acceso aos edificios lindeiros


Publicado en Novas Tecnoloxías
Descargar adjuntos:

2016 Regulamento venda ambulante.pdf (1854 Descargas)
Visto 2107 veces

Novas Tecnoloxías

A fibra óptica chegará en 2021 a todo o Concello de Soutomaior

A fibra óptica chegará en 2021 a todo o Concello de Soutomaior

04-01-2021 / Novas Tecnoloxías

Todos os barrios e núcleos de poboación do Concello de  Soutomaior terán conexión ultrarrápida a internet antes do 31 de decembro de 2021 tras a aprobación dos plans para o despregamento das redes de dúas operadoras de telecomunicacións no municipio, Telefónica e a galega Aurea, que ofrece o seu servizo a nivel comarcal. A instalación da rede de Telefónica xa se...

Campaña promoción comercio local – Entrega de cheques regalo

Campaña promoción comercio local – Entrega de cheques regalo

03-01-2019 / Novas Tecnoloxías

O Concello de Soutomaior pechou a pasada semana a súa campaña do Nadal de apoio ao comercio local coa entrega dos 100 cheques regalo, por valor de 5.000 euros, que...

Papá Noel na rúa

Papá Noel na rúa

20-12-2018 / Novas Tecnoloxías

Papá Noel e un elfo pasearán polas rúas e comercios do Concello de Soutomaior. Ademáis recibirán os nenos e nenas no seu trono para escoitar os seus desexos para o...

1ª Feira Ecolóxica e Artesanal

14-06-2018 / Novas Tecnoloxías

O Concello de Soutomaior pon en marcha a súa primeira Feira ecolóxica e artesanal que terá lugar no Peirao de Arcade o vindeiro domingo 17 de Xuño a partir das...

Campaña de apoio comercio Local

30-11-2017 / Novas Tecnoloxías

O Concello de Soutomaior repartirá 5.000 euros en cheques regalo durante a campaña A iniciativa, na que participarán máis de 80 establecementos do municipio, comezará este venres. {modal url="images/carteles/17-Comercio-Local-(Cartel).jpg" title="Promoción do Comercio...

Convivencia TDT e 4G

08-02-2017 / Novas Tecnoloxías

Os servizos móbiles de nova xeración LTE sobre a banda de frecuencias de 800 MHz dos principais operadores móbiles que prestan servizos no territorio nacional. Comercialmente denominados como 4 G...

Cláusulas chan

23-01-2017 / Novas Tecnoloxías

O Multiusos de Arcade acollerá o mércores 8 de febreiro a partir das 20,00 horas unha  xornada informativa sobre as Cláusulas Chan e os Gastos Hipotecarios, que impartirán os técnicos da...

Novo servizo de mensaxería

30-06-2016 / Novas Tecnoloxías

O Concello de Soutomaior activa unha nova rede social de mensaxería instantánea para informar os veci@s. O servizo é totalmente gratuíto. O Concello de Soutomaior está a implantar un novo programa...