Venres, 23 Marzo 2018 13:43

Presentación XXXII Festa da Ostra 2018

Presentación XXXII Festa da Ostra 2018

Esta mañá o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, acompañado da edil de turismo Dolores Cernadas, a presidenta da Confraría de Pescadores "Virxe do Carme" Rita Miguez e o ostricultor Tito Conde, presentou a XXXII Festa da Ostra que se celebrará en Arcade os días 31 de marzo e 1 de abril.

O prezo das ostras ao natural será de sete euros a ducia, e a empanada de ostras e as ostras en escabeche a ración despacharase a seis euros. O viño ribeiro terá un custo de catro euros a botella, mentres que o albariño de Soutomaior venderase a oito euros.

Os actos iniciaranse o xoves día 29 a partir das 23,00 horas no Multiusos de Arcade coa actuación do humorista Isi e da Agrupación musical Sorcha. A continuación, (de 02,00 a 06,00 h) e xa na madrugada do xoves para o venres emitirase o programa da Radio Galega “Pensando en ti” presentado por Marcial Mouzo, programa onde os oíntes e persoas que asisten en directo ou por teléfono contan as súas experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

Os interesados en participar poden facelo en persoa asistindo de maneira gratuíta ao programa ou a través do número de teléfono 981 540 924.

“Pensando en ti” é un dos programas máis escoitados na súa franxa horaria en Galicia. Definido polo protagonismo absoluto que ten a participación dos oíntes, este espazo reúne a unha crecente comunidade radiofónica, chegando mesmo a convocar convivencia e actividades para fomentar o encontro real entre os seus seguidores.

O sábado día 31 de marzo ás 12.00 horas procederase á apertura das casetas de venda de ostras. Os actos estarán amenizados pola charanga "A cabeza non para"

Ás 22.00 horas poñerase en marcha a verbena popular coas orquéstras Televisión e Palladium.

No intermedio da verbena, ás 24.00 horas, haberá unha tirada de fogos artificiais.

O domingo 1 as casetas das ostras abriranse ás 10.00 horas e unha hora máis tarde as bandas de música Artística de Arcade e Banda de Música Cultural de Arcade ofrecerán os seus tradicionais pasacalles.

Ás 13.00 horas terá lugar o pregón da festa a cargo da cantante, presentadora e colaboradora do programa de humor Land Rober: Eva Iglesias

Agustín Reguera confía en que o tempo acompañe, anima a todos os veciños e forasteiros a participar na Festa da Ostra, declarada de Interese Turístico Galego en 2012, e como cada ano acudan a probar este manxar exquisito nas súas distintas variedades.

O Concellode Soutomaior espera congregar a miles de visitantes entre as dúas xornadas en Arcade, polo que preparará preto de cen mil unidades de ostras.

Para acompañar ás ostras a Cofradia de Pescadores Virxe do Carme de Arcade tamén propón na festa a súa iniciativa “Do mar ao prato” onde se poderán degustar produtos da lonxa de Arcade tales como ameixas á mariñeira, espeto de anguía, chocos á feira ou quisquilla crocante.

Ao redor de 50 persoas traballarán directamente na festa gastronómica, tanto na elaboración das racións como na atención ao público.

A Policía Local de Soutomaior tamén terá reforzos para organizar o tráfico durante a xornada do domingo, na que se espera a maior afluencia de persoas ao recinto.

Máis información nas paginas web www.soutomaior.com ou www.festadaostraarcade.com


Publicado en Festa da Ostra
Descargar adjuntos:

18-XXXII-Festa-da-Ostra-programacion.pdf (520 Descargas)
Visto 3339 veces

Festa da Ostra

Máis de 35.000 persoas, 115.000 ostras e noites a rachar nunha Festa da Ostra multitudinaria!

Máis de 35.000 persoas, 115.000 ostras e noites a rachar nunha Festa da Ostra multitudinaria!

02-04-2023 / Festa da Ostra

Emocionante ver Arcade tan cheo de xente gozando ca súa familia e amizades. Dende o Concello puxemos todo da nosa parte para que esta Festa da Ostra fora inesquecible, e conseguímolo! Tanto as xornadas de festa nocturna como a parte gastronómica superaron todos os récords. Grazas a todos por participar nesta nosa festa. Para o ano máis!

Xa está aquí a programación da XXXV Festa da Ostra

Xa está aquí a programación da XXXV Festa da Ostra

21-03-2023 / Festa da Ostra

Como sabedes, a Festa da Ostra  terá lugar os próximos días 31, 1 e 2 de abril. Tal e como se explicou na presentación oficial, que tivo lugar o pasado...

Presentada a XXXV Festa da Ostra

Presentada a XXXV Festa da Ostra

17-03-2023 / Festa da Ostra

Hoxe presentamos a XXXV Festa da Ostra. Nesta edición queremos levar a Festa ao seguinte nivel. O ano pasado foi un ano de transición despois da pandemia e, agora si...

A Festa da Ostra contará con Punto Lila e zona de lactancia

30-03-2022 / Festa da Ostra

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a concelleira de Igualdade, Cristina González, presentaron o  Punto Lila que estará en funcionamento no Peirao de Arcade durante a Festa da Ostra deste ano.  Estes puntos servirán para facilitar a calquera persoa que o solicite material informativo e de sensibilización para a prevención da violencia, con especial fincapé na violencia machista.  Ademais, este...

Espérase que pasen pola Festa da Ostra máis de 30.000 persoas e que se consuman 100.000 ostras

25-03-2022 / Festa da Ostra

Xa non queda nada! Acábase de presentar a XXXIV Festa dá Ostra que terá lugar a próxima fin de semana. Ao acto, no que non faltaron as ostras, acudiron varios hostaleiros do Concello, entre eles Paco Corral que será o encargado do pregón deste ano. O propio alcalde, Agustín Reguera, xustificou a decisión alegando que “neste tipo de festas gastronómicas o...

Non queda nada para a Festa da Ostra 2022!

18-03-2022 / Festa da Ostra

Xa está aquí, xa temos todo preparado. Só quedan dúas semanas para que empece a primeira Festa da Ostra sen restricións despois da pandemia. Este ano a Festa da Ostra volverá brillar en todo o seu esplendor cun calendario de actividades que iremos desvelando nos próximos días e que conta con opcións de lecer para toda a familia. A festa ocupará, como...

Presentación XXXII Festa da Ostra 2018

23-03-2018 / Festa da Ostra

Esta mañá o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, acompañado da edil de turismo Dolores Cernadas, a presidenta da Confraría de Pescadores "Virxe do Carme" Rita Miguez e o ostricultor Tito Conde, presentou a XXXII Festa da Ostra que se celebrará en Arcade os días 31 de marzo e 1 de abril. O prezo das ostras ao natural será de sete euros...

Presentación XXXI Festa da Ostra

24-03-2017 / Festa da Ostra

O Concello de Soutomaior presentou esta mañá a XXXI edición da Festa da Ostra que se celebrará en Arcade os días 1 e 2 de abril. Nas instalacións do Obradoiro de Hostaleria “Verdugo” onde 20 veciños e veciñas do Concello de Soutomaior reciben formación de emprego e que conta con dúas especialidades : a de operacións básicas de cociña e servizos...