ATENCIÓN CAMBIO NOS PRAZOS DE INSCRICIÓN: POR MOTIVO DE DISPOÑIBILIDADE DE RESERVAS DE PRAZAS DE OCUPACIÓN NA ILLA O PRAZO DE INSCRICIÓN ABRIRASE ANTES DO PREVISTO DESDE O 1 A 15 MARZO.
HORARIO BUS:
Saídas:
-
10.00 h Casa Concello Soutomaior
-
10:05 h Cruce de Pierres Arcade
Chegadas:
-
19.00 h Cruce de Pierres Arcade
-
19.10 h Casa do Concello
Horario:
-
10:45 Recepción no Peirao de Vigo. Presentación e información da xornada. Dividimos ás persoas participantes en dous grupos.
-
11:00 Partida cara as Illas Cíes.
-
11:45 Chegada ao peirao de Rodas nas Illas Cíes. Inicio do roteiro cara o Centro de Interpretación á persoa Visitante.
-
12:30 Chegada ó Centro de Interpretación.
Realización da primeira quenda:
-
Grupo 1: Roteiro interpretada á Pedra da Campá (1h e 30 min).
-
Grupo 2: Experiencia inmersiva de mergullo nos fondos das illas con lentes de realidade virtual.
-
14:00 Xantar
-
15:00 Realización da segunda quenda:
-
Grupo 1: Experiencia inmersiva de mergullo nos fondos das illas con lentes de realidade virtual.
-
Grupo 2: Roteiro interpretado á Pedra da Campá (1h e 30 min).
-
16:30 Resumo e peche da xornada e volta ao peirao de Rodas.
-
17:15 Xuntanza no Peirao de Rodas
-
17:30 Saída do barco cara Vigo
CARACTERÍSTICAS:
Roteiro interpretado de 1 h 30 minutos de duración ata a Pedra da Campá, un dos miradoiros máis emblemáticos das Illas. Dificultade moderada, con algún pequeno tramo con pendente pronunciada e chan irregular. A maior parte do percorrido é por pista de terra.
Desnivel máximo: 100 m
Experiencia inmersiva individual en quendas de dúas en dúas persoas para visitar as paisaxes somerxidas das Illas Cíes grazas á visualización de imaxes en vídeo en 360º nos lentes de realidade virtual.
IDADES: Todas. Ter en conta a tipoloxía da actividade. As persoas menores de 16 anos deberán de ir acompañadas cunha persoa adulta responsable.
OBRIGATORIO: Participar en todas as actividades propostas polo equipo de monitorado pois trátase dunha acción dirixida que ten uns obxectivos e contidos específicos que se realiza no marco dun programa e para participar as persoas deben adquirir este compromiso de responsabilidade
Teñen preferencias as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Cubriranse por orde de inscrición. No caso de quedar prazas vacantes entón poderán entrar as persoas da lista de agarda e as que non estean empadroadas no Concello de Soutomaior.
As persoas inscritas unha vez que lles sexa adxudicada a praza e que non asistan sen motivos xustificados serán penalizadas e non poderán volver a participar nos roteiros organizamos no ano en curso.
Material recomendado para realizar a actividade:
-
Calzado adecuado para camiñar.
-
Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro (se chove ou fai vento); pantalón cómodo, camiseta térmica (se fai frío), etcétera.
-
Crema solar
-
É recomendable levar unha pequena mochila con auga, petisco (para a parada de descanso a medio camiño) ou outras cousas que se consideren necesarias tendo en conta o roteiro.
-
XANTAR. Levar o xantar.
IMPORTANTE: Recordamos que as guías son tituladas e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.
Máis información na OMIX no teléfono 638822868 ou por correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.