OBRADOIROS / Concellería de Ensino, Concellería de Mocidade
Horta Ecolóxica Municipal
Inicio da actividade: 01-05-2024
Fin da actividade: 31-12-2024
Dias da actividade: A convenir
Horarios: A convenir
Destinatarios/as: 18 - e máis anos
Público dirixido: Público Xeral
Prazas: Limitadas
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Parcelas Horta Urbana
Inscricións: ata Inscricións permanentes
|
DESCRICIÓN
Participar neste proxecto implica obter unha parcela da que te farás responsable como mínimo un ano para aprender a cultivar as túas propias hortalizas dun xeito ecolóxico e biodinámico. No proxecto participan máis hortelanos e hortelanas que che axudarán a iniciarte neste tema e a maiores será obrigatorio asistir a un curso de formación básica que será de balde organizado pola Concellería de Ensino e Medio Ambiente para que poidas obter os coñecementos básicos e así comezar. A maiores, tamén se facilita un dossier con información xeral sobre os aspectos máis importantes en relación a cultivos, rotacións, control de pragas, etc.
Unha vez admitido/a comunicaremos as datas do curso de formación e asignaremosche unha parcela.
Máis información: nos documentos anexos sobre o proxecto da Escola. A maiores da inscrición terás que presentar na OMIX o compromiso de aceptación de normas.
* Dirixidos a persoas empadroadas no Concello de Soutomaior
Custe empadroados/as: 10€ Periodos de Pagos: 10€ Abono de fianza (en efectivo) Modo de pago: Pago único Documentos a entregar: Acordos e Compromisos asinados (descarga adicional), Fotocopia do DNI (Participante) Forma de entrega: Casa do Concello
|
|