OBRADOIROS / Concellería de Ensino  
Roteiro "Muiños do Folón e do Picón" (9 h)


Inicio da actividade: 07-11-2021
Fin da actividade: 07-11-2021
Dias da actividade: Domingo 7 de novembro
Horarios: de 9:25 h (Sáida do bus) ata 18:35 h (Chegada ó Concello)
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: 30 prazas
Acceso: De pago
Lugar da actividade: BUS: Concello - Cruce de Pierres

  

 

DESCRICIÓN

Esta ruta percorre os 67 muíños hidráulicos do Folón e do Picón, no concello do Rosal. Declarados Ben de Interese Cultural (BIC) polos seus valores patrimoniais materiais e inmateriais, os muíños que compoñen este conxunto datan dos séculos XVII e XVIII. Neste roteiro circular descubriremos un rico patrimonio etnográfico, unha contorna natural de impresionantes vistas e unha paisaxe dominada polos contrastes da montaña e o val do Miño.
 
A ruta contará coa participación de Patricia Muñoz, guía oficial de Amodo turismo para descubrir;  e contará con diversas paradas interpretativas nos puntos de maior interese patrimonial, natural e paisaxístico. Historia do lugar e da moenda. Funcionamento dos muíños: aspectos tanxibles (pezas, enxeños) e intanxibles (formas de propiedade, dereitos, etc.. Contorna natural. Adaptación dos muíños á paisaxe. Patrimonio cultural asociado aos muíños. Legado vivo: os últimos muiñeiros/as.
 
  • 10:40 Recepción na área de recepción de visitantes (zona aparcamento e aseos) dos Muíños do Folón e do Picón. 
  • 10:45 Inicio da ruta guiada ao Ben de Interese Cultural (BIC) Muíños do Folón e do Picón. 
  • 12:00 (aprox.) Parada de descanso a metade de percorrido. 
  • 14:30 Xantar 
  • 17:00 Regreso Arcade - Soutomaior. 

Durante o percorrido faremos paradas interpretativas nos puntos de maior interese patrimonial, natural e paisaxístico.

  • Saídas: 9.25 h Casa Concello Soutomaior 9.30 h Cruce de Pierres Arcade
  • Chegadas: 18.30 h Cruce de Pierres Arcade 18.35 h Casa do Concello

 

CARACTERÍSTICAS:

Dificultade media- Percorrido maioritariamente por sendeiros e pistas de monte, con zonas de forte pendente, chan irregular (pedras, terra e desniveis) e chanzos de pedra. É un itinerario circular e sinalizado, homologado pola Federación Galega de Montañismo (PR-G 94 Muíños do Folón e do Picón).

  • Lonxitude: 3,5km, aprox.
  • Desnivel: 211 metros de subida/ 211 metros de baixada.
  • TEMPO ESTIMADO: medio día.
  • IDADES: todas. Ter en conta a tipoloxía da actividade.
  • INICIO: área de recepción dos Muíños do Folón e do Picón (zona aparcamento e aseos + merendeiro).

 

Material recomendado para realizar a actividade

  • Roupa adecuada á meteoroloxía (ter en conta que haberá zonas de exposición ao vento, ao sol e que se vai á beira do río e pode haber zonas asolagadas).
  • Calzado adecuado para camiñar, con sola forte e rugosa.
  • Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro (se chove ou fai vento); pantalón cómodo, camiseta térmica (se fai frío)...
  • É recomendable levar unha pequena mochila con auga para a camiñata, comida (para a parada de descanso a medio camiño) ou outras cousas que se consideren necesarias tendo en conta cada roteiro.
  • XANTAR. Levar o xantar para comer no merendeiro (hai auga e baños). Ou senón tedes a opción de reservar previamente no restaurante a Casa da Pintura https://goo.gl/maps/CWepkySR5uvQuoQj8,  que está a 10 minutos andando desde o merendero (quen opte por esta opción xa pode quedar ao finalizar o roteiro e logo aparecer no merendero na hora de saída).

 

  • IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.

 

Máis información na OMIX no teléfono 986 700 822 ou en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

OBSERVACIÓNS COVID-19: co fin de adaptarnos á normativa e facer a actividade máis segura durante a actividade teremos que levar a máscara posta cando non se poidan manter as distancias de seguridade establecidas.

 

  • Guía: Patricia Muñoz, guía oficial de Amodo turismo.

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 724