OBRADOIROS / Concellería de Ensino  
Roteiro Micolóxico polos montes de Arcade-Soutomaior (4 h)

COMPLETO

Inicio da actividade: 24-10-2021
Fin da actividade: 24-10-2021
Dias da actividade: Domingo 24 de outubro
Horarios: Inicio: 10.00 h (Multiúsos, Arcade) / Fin: 14.00 h (Arcade)
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: 20 prazas
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

  

 

DESCRICIÓN

Comezaremos este roteiro cunha pequena explicación que se realizará no Multiúsos en Arcade e que terán unha duración de 1 h para expoñer conceptos básicos sobre micoloxía: concepto de fungo, cogomelo, hifa, micelio, espora,...Reprodución. Nutrición: formas de vida. Partes dun cogomelo. Aspectos ecolóxicos: climatoloxía e épocas de frutificación (factores que inflúen no desenvolvemento e frutificación dos fungos), influencia do tipo de terreo, hábitats). Principais especies comestibles e velenosas que se poden atopar en Galicia en outono. 

Aproximadamente sobre ás 11 partiremos en coche para o punto de inicio do roteiro. Poderemos ir en cadanseu coche ou agruparnos para ir en grupos pequenos. Esta parte realizarase polos montes de Soutomaior pero a zona concretarse ese día polo guía e experto Jaime Blanco da Asociación Brincabois que serán o encargado de realizar con nós este roteiros e previamente seleccionar o mellor lugar uns días antes tendo en conta a climatoloxía e de como se atopen as zonas de bosque.

  • CARACTERÍSTICAS: Dificultade baixa- Percorrido maioritariamente por sendeiros e pistas de monte, podemos atoparnos con chan irregular (pedras, terra e desniveis). 
  • LONXITUDE: 3,5km, aprox.
  • TEMPO ESTIMADO: 3 h
  • IDADES: todas. Ter en conta a tipoloxía da actividade.

Material recomendado para realizar a actividade:

  • Navalla e un cesto pequeno para gardar os cogomelos recollidos.
  • Roupa adecuada á meteoroloxía (ter en conta que haberá zonas de exposición ao vento, ao sol e que se vai á beira do río e pode haber zonas asolagadas).
  • Calzado adecuado para camiñar, con sola forte e rugosa.
  • Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro (se chove ou fai vento); pantalón cómodo, camiseta térmica (se fai frío)...
  • É recomendable levar unha pequena mochila con auga para a camiñata, comida (tanto para a parada de descanso a medio camiño como para o xantar) ou outras cousas que se consideren necesarias tendo en conta cada roteiro.
  • IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.

Máis información na OMIX no teléfono 986 700 822 ou en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

OBSERVACIÓNS COVID-19: co fin de adaptarnos á normativa e facer a actividade máis segura durante a actividade teremos que levar a máscara posta cando non se poidan manter as distancias de seguridade establecidas.

  • Guía: Jaime Blanco da Asociación Brincabois

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 732