OBRADOIROS / Concellería de Mocidade
Escola Municipal de Teatro 2019 (1 1/2 h/sesión)
Inicio da actividade: 03-10-2019
Fin da actividade: 27-06-2020
Horarios: Xoves, Venres ou Sábados
Destinatarios/as: 4 - 17 anos
Prazas: 20/grupo
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade
|
DESCRICIÓN
Grupo Infantil: 4 a 8 anos; sábados de 12:00 a 13:30 h.
Grupo Xuvenil 1: 9 a 12 anos; venres de 20:00 a 21:30 h
Grupo Xuvenil 2: 13 a 17 anos; venres de 21:30 a 23:00 h
Grupo xuvenil avanzado: de 13 a 17 anos; xoves de 20.30 a 22.00 h
Ten preferencia o alumnado do curso anterior.
Forma de pago: mediante ingreso bancario que se realizará entre o día 1 e 5 do primeiro mes de cada bimestre. Tamén se pode ingresar o importe total da actividade.
Descargar adjuntos:
2019-4-Trimestre-BIX-Xuventude
Grupos por Idade: GRUPO A: 4 - 8 anos / GRUPO B: 9 - 12 anos / GRUPO C: 13 - 17 anos Custe empadroados/as: 12€ (Custe total: 54€) Custe NON empadroados/as: 24€ (Custe total: 108€) Cotas: 4 + 1/2 Periodos de Pagos: outubro/novembro - decembro/xaneiro - febreiro/marzo - abril/maio - xuño Modo de pago: Bimensual (ou Custe total) Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago Forma de entrega: omix(arroba)soutomaior.gal ou Whatsapp: 638 822 868
|
OMIX
CONCELLERÍA DE XUVENTUDE
OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)
Multiusos de Arcade, Rúa Peirao 8 - 36690
Telf: +34 986 700 822 / Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Horarios: Luns e mércores de 9:00 h a 13:00 h e os martes e xoves de 16:00 a 20:00 h
NORMAS
Todas as persoas que se inscriban nas actividades organizadas pola Concellería de Xuventude deberán de ter en conta as seguintes cláusulas ou normas:
-
O número de prazas en todos os cursos e obradoiros é limitado; cubriranse por rigorosa orde de inscrición. En todas as actividades terán preferencia ás persoas empadroadas no Concello de Soutomaior e, nalgúns casos, as persoas menores de 35 anos. Nos cursos de formación para o emprego, ademais, teñen preferencia as persoas desempregadas. Para acreditar estas condicións haberá que presentar DNI e tarxeta de demandade de emprego actualizada.
-
As actividades realizaranse si se cobren un mínimo de prazas/grupo. Si non se cubre o mínimo, poderá cancelarse a actividade e, nese caso, devolverase a matrícula ás persoas que xa a pagaran.Os pagos non se devolverán unha vez confirmada e iniciada a actividade.
-
A praza quedará reservada cando se efectúe o pago. *** Cando o pago teña que ser bancario haberá que entregar o xustificando xunto coa ficha de inscrición. Especificar actividade e nome e apelidos da persoa que se inscribe.
BONIFICACIÓNS
Consultar bonificacións posibles para as actividades soamente para empadroados/as; estas poden ser:
1) Cando no mesmo grupo familiar teña máis dun participante se aplicarán as seguintes bonificacións:
-
Ao 2º participante unha bonificación do 25%
-
Ao 3º participante una bonificación do 50%
-
Ao 4º participante unha bonificación do 75%
-
Os quintos e sucesivos membros participantes dun mesmo grupo familiar quedarán exentos da taxa .
2) Cando as persoas inscritas sexan beneficiarias da prestacións como RISGA ou similares prestacións quedarán exentos da taxa. Determinarase en cada actividade o número de prazas dispoñibles obxecto desta bonificación en función do tipo de actividade. Esta exención concederase polo Concello a petición do interesado acompañado dos seguintes documentos:
-
Copia compulsada da resolución da concesión do RISGA (ou similares prestacións) e demais documentación, que no seu caso, sexa requirida pola traballadora social ou informe da traballadora social ou institución análoga que poida acreditar a situación
3) Cando as persoas inscritas sexan beneficiarias dalgunha prestación quedarán exentas da taxa (PERO quedarán reservadas por curso un número limitado de prazas (3), que se cubrirá por orde de inscrición). O resto das persoas terán que pagar a cota. Esta exención soamente se aplicará a un curso por trimestre.
4) Cando as persoas estén en situación puntual de emerxencia ou se consideren en risco de exclusión social quedarán exentos da taxa. Terán que acreditar tal condición previo informe da Traballadora Social do Concello, dunha institución análoga ou de persoal técnico acreditado para certificar tal condición.
5) Cando todos os membros da unidade familiar se atopen en desemprego e poidan acreditalo bonificarase un 50%.
Se a persoa non cumpre os criterios de asistencia establecidos, será dada de baixa automaticamente. No caso dos cursos de formación a persoa non terá dereito a diploma de asistencia.
Si queres recibir información sobre as actividades no teu teléfono ou correo electrónico cubre o formulario
NON OBSTANTE, para calquera dúbida ou aclaración aconsellamos consultar horarios, datas e condicións específicas para cada actividade na OMIX, presencialmente ou telefonicamente, no número 986 700 822; por corrreo-e: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
BANCOS
Os números de conta onde se poden realizar os pagos son:
-
ABANCA ES68 2080 5457 9831 1010 1855
-
BANCO PASTOR ES97 0238 8304 3606 6000 0173
-
BANCO SANTANDER ES78 0030 6205 8900 0066 4271
-
BBVA ES54 0182 5636 9702 0036 0650
-
LA CAIXA ES73 2100 4313 5822 0000 4223
Accesos : 555
|