Venres, 10 Setembro 2021 09:21

Escolas Deportivas 21-22

Escolas Deportivas 21-22

A partir do próximo luns día 13 ata o venres 24 de setembro no Pavillón Municipal ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas 21-22.

O inicio das actividades será o luns 4 de outubro.

As modalidades deportivas son as seguintes: Iniciación ao deporte, pádel e tenis (infantil e adultos),ximnasia rítmica e acrobática, baloncesto, actividade física para adultos ( AFA),baile moderno, patinaxe deportiva, futbol salga feminino e multideporte. As prazas son limitadas con preferencia para os empadroados no Concello de Soutomaior con mínimos e máximos por actividade e grupo (o número máximo de participantes estará suxeitos ao protocolo que marque a Xunta de Galicia en relación ao deporte non federado galego.)

Todas as actividades serán impartidas por monitores titulados.

Para máis información e inscricións no Pavillón Municipal da Montesiña (986700964) a partir das 18,30 horas de luns a venres


Publicado en Deportes
Visto 818 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Kick Boxing Club Arcade 3º no Spanish Open Kickboxing

24-11-2021 / Deportes

O Kick Boxing Club Arcade logra o terceiro posto na clasificación xeral no Spanish Open Kickboxing celebrado en Benidor do 18 ao 21 de novembro, ademais do primeiro posto por equipos na categoría junior masculino. Participaron máis de 100 clubs de 20 países e os nosos deportistas enfrontáronse, entre outros, a competidores de Eslovenia, Reino Unido, Portugal, Rusia, Finlandia, etc. O noso...

Kick Boxing Club Arcade Nº1 en Galicia

13-10-2021 / Deportes

A pasada fin de semana no Irixo (Ourense) celebrouse  a copa Deputación de Ourense e o campionato de clubs de Galicia onde o Kick Boxing Club Arcade proclamouse novamente como o mellor club de Galicia colleitando a cantidade de 34 ouros,17 pratas e 6 bronces. Este campionato disputouse nas modalidades de Point-Fighting, Light-Contact e Kick-Light e nas categorías de infantís, cadetes...

Escolas Deportivas Municipais 2021-2022 – Grupos e horarios

01-10-2021 / Deportes

O vindeiro luns día 4 de outubro iniciaranse as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Soutomaior onde se inscribiron, entre infantís e adultos, máis de 300 participantes. Debido ao enorme volume de rexistrados, e coa intención de que ninguén quede fóra das Escolas Deportivas , modificáronse minimamente algúns grupos dalgún deporte. Achegamos os grupos e horarios das Escolas Infantís para a súa...

Anxo Vidal medalla de ouro na Copa do mundo

30-09-2021 / Deportes

Anxo Vidal, competidor do Kick Boxing Club Arcade, obtivo unha magnifica medalla de ouro (modalidade kick light) na copa do mundo celebrada en Budapest ( Hungria) neste mes de setembro. Noutras modalidades obtivo un 5º posto en pointfighting e unha medalla de bronce en light contac. Parabén a Anxo e ao Kick Boxing Club Arcade que seguen cultivando espectaculares resultados en todas...

Escolas Deportivas 21-22

10-09-2021 / Deportes

A partir do próximo luns día 13 ata o venres 24 de setembro no Pavillón Municipal ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas 21-22. O inicio das actividades será o luns 4 de outubro. As modalidades deportivas son as seguintes: Iniciación ao deporte, pádel e tenis (infantil e adultos),ximnasia rítmica e acrobática, baloncesto, actividade física para adultos ( AFA),baile moderno...

Reservas pistas de tenis e pádel

01-09-2021 / Deportes

A partir de hoxe, primeiro de setembro, as reservas das pistas de tenis e pádel realizaranse novamente no Pavillón Municipal da Montesiña con horario a partir das 18,30 horas

TV Concellería de Deportes