Mércores, 04 Agosto 2021 10:55

Escolas deportivas de verán: Pádel

Escolas deportivas de verán: Pádel

 No día de onte, e con motivo do XI Torneo de pádel e tenis Concello de Soutomaior que se está celebrando do 1 ao 8 de agosto, as escolas deportivas de verán de pádel gozaron dunha xornada de convivencia onde disputaron distintos mini partidos entre eles onde os resultados foron o menos importante.

Ao finalizar, por parte do Concello de Soutomaior e do Club Tenis e Pádel Soutomaior, entregóuselles a cada un unha camiseta conmemorativa deste torneo.

Un dos obxectivos do club tenis e pádel Soutomaior é recoller os froitos desta magnífica canteira e crear nun futuro próximo un equipo masculino e feminino de categoría xunior que compitan en ligas regulares e sómese aos actuais 3 equipos senior masculino e os 2 senior feminino.


Publicado en Deportes
Visto 265 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Escolas Deportivas 21-22

10-09-2021 / Deportes

A partir do próximo luns día 13 ata o venres 24 de setembro no Pavillón Municipal ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas 21-22. O inicio das actividades será o luns 4 de outubro. As modalidades deportivas son as seguintes: Iniciación ao deporte, pádel e tenis (infantil e adultos),ximnasia rítmica e acrobática, baloncesto, actividade física para adultos ( AFA),baile moderno...

Reservas pistas de tenis e pádel

01-09-2021 / Deportes

A partir de hoxe, primeiro de setembro, as reservas das pistas de tenis e pádel realizaranse novamente no Pavillón Municipal da Montesiña con horario a partir das 18,30 horas

Parque aventuras en Comboa

11-08-2021 / Deportes

Mañá xoves día 12 a partir das 16,00 horas poñerase en marcha o parque de aventuras na praia fluvial de Comboa. Desde o día 12 ata o 29 de agosto en horarios de 11,30 a 13,30 h pola mañá e de 16,00 a 19,00 horas pola tarde. Constará de tirolina, pasarela de rulos de madeira, ponte de troncos e pasarela de...

Torneo Pádel Concello Soutomaior “Xacobeo 21-22” Final femenina

09-08-2021 / Deportes

 Esta pasada fin de semana disputáronse as finais do XI Trofeo Concello de Soutomaior de pádel “Xacobeo 21-22” Na categoría feminina “ elite” Isa Dominguez e Andrea Colinas levaron o trofeo despois de impoñerse a Alejandra Renda e Aida Gonzalez por un claro 6/3, 6/4. As números 5 e 6 da clasificación galega non puideron en ningún momento coas xogadoras Isa e...

Torneo Pádel Concello Soutomaior “Xacobeo 21-22” Final masculina

09-08-2021 / Deportes

Esta pasada fin de semana disputáronse as finais do XI Trofeo Concello de Soutomaior de pádel “Xacobeo 21-22” Na categoría masculina “ elite” tras un disputado partido Tonu e Chalo Gonzalez impuxéronse a Iago Gonzalez Neno e David Antolín por un apertado 6/7,7/5 e 10/8 no tie brek.

XI Trofeo Concello Soutomaior Pádel.Xacobeo 21-22. Finais Categoría elite

06-08-2021 / Deportes

Seguen os distintos partidos no XI Trofeo Concello Soutomaior de tenis e pádel Xacobeo 21-22 nas distintas categorías. Hoxe ás 21,00 terá lugar o partido final (partido único) de categoría elite onde participarán dúas parellas entre os que se atopan Iago Gonzalez Neno, David Antolín, Chalu Gonzalez e Tono Gonzalez. Estes xogadores participan habitualmente en distintos fases previas do Word pádel Tour. Mañá...

TV Concellería de Deportes