Venres, 23 Xullo 2021 13:21

Billete para o campionato do mundo para Verónica e Anxo

Billete para o campionato do mundo para Verónica e Anxo

Os deportistas do Kick Boxing Club Arcade, Verónica Alvarez e Anxo Vidal desprázanse a semana próxima á cidade de Weiz (Austria) para disputar o “ Word Chamionship” representando a España e seleccionados pola Comisión Española de Savate Boxeo Francés ( CESBF) que está afiliada á Federación Internacional de Savate.

Estes dous deportistas xa destacaron no campionato de España celebrado hai uns días en Guadalaxara onde obtiveron senllos ouros en categoría sénior feminino e en xunior masculino respectivamente

O Savate tamén coñecido como "boxeo francés" é un deporte de combate procedente de Francia que tomou moita notoriedade no último século, esta disciplina de combate caracterízase por ser unha unión de varias técnicas de defensa persoal, inspiradas noutras disciplinas como o boxeo occidental, o bastón de combate e outras técnicas de combate.

Esta mañá foron recibidos no Concello por parte do Alcalde, Agustín Reguera, que lles felicitou polos seus resultados no campionato de España e desexoulles toda a sorte para este campionato do mundo e mostrou a súa satisfacción que uns deportistas do noso Concello represéntennos nun mundial.

Así mesmo entregoulles un obsequio para que o nome do Concello de Soutomaior poida visualizarse en Austria.


Publicado en Deportes
Visto 835 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Escolas Deportivas 21-22

10-09-2021 / Deportes

A partir do próximo luns día 13 ata o venres 24 de setembro no Pavillón Municipal ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas 21-22. O inicio das actividades será o luns 4 de outubro. As modalidades deportivas son as seguintes: Iniciación ao deporte, pádel e tenis (infantil e adultos),ximnasia rítmica e acrobática, baloncesto, actividade física para adultos ( AFA),baile moderno...

Reservas pistas de tenis e pádel

01-09-2021 / Deportes

A partir de hoxe, primeiro de setembro, as reservas das pistas de tenis e pádel realizaranse novamente no Pavillón Municipal da Montesiña con horario a partir das 18,30 horas

Parque aventuras en Comboa

11-08-2021 / Deportes

Mañá xoves día 12 a partir das 16,00 horas poñerase en marcha o parque de aventuras na praia fluvial de Comboa. Desde o día 12 ata o 29 de agosto en horarios de 11,30 a 13,30 h pola mañá e de 16,00 a 19,00 horas pola tarde. Constará de tirolina, pasarela de rulos de madeira, ponte de troncos e pasarela de...

Torneo Pádel Concello Soutomaior “Xacobeo 21-22” Final femenina

09-08-2021 / Deportes

 Esta pasada fin de semana disputáronse as finais do XI Trofeo Concello de Soutomaior de pádel “Xacobeo 21-22” Na categoría feminina “ elite” Isa Dominguez e Andrea Colinas levaron o trofeo despois de impoñerse a Alejandra Renda e Aida Gonzalez por un claro 6/3, 6/4. As números 5 e 6 da clasificación galega non puideron en ningún momento coas xogadoras Isa e...

Torneo Pádel Concello Soutomaior “Xacobeo 21-22” Final masculina

09-08-2021 / Deportes

Esta pasada fin de semana disputáronse as finais do XI Trofeo Concello de Soutomaior de pádel “Xacobeo 21-22” Na categoría masculina “ elite” tras un disputado partido Tonu e Chalo Gonzalez impuxéronse a Iago Gonzalez Neno e David Antolín por un apertado 6/7,7/5 e 10/8 no tie brek.

XI Trofeo Concello Soutomaior Pádel.Xacobeo 21-22. Finais Categoría elite

06-08-2021 / Deportes

Seguen os distintos partidos no XI Trofeo Concello Soutomaior de tenis e pádel Xacobeo 21-22 nas distintas categorías. Hoxe ás 21,00 terá lugar o partido final (partido único) de categoría elite onde participarán dúas parellas entre os que se atopan Iago Gonzalez Neno, David Antolín, Chalu Gonzalez e Tono Gonzalez. Estes xogadores participan habitualmente en distintos fases previas do Word pádel Tour. Mañá...

TV Concellería de Deportes