Venres, 25 Setembro 2020 10:43

Axudas para deportistas individuais do Concello de Soutomaior 2020

Axudas para deportistas individuais do Concello de Soutomaior 2020

 A Concellería de Deportes do Concello de Soutomaior, sendo consciente das dificultades dos deportistas de modalidades individuais para progresar na súa formación integral e para participar en distintas competicións, propón a convocatoria de axudas para a promoción e difusión do deporte e para impulsar a práctica deportiva.

As bases reguladoras da concesión destas axudas establécense de conformidade co disposto na Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/07, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Destinatarios/as: Deportistas  individuais que participen en competicións deportivas oficiais.

Prazo: 15 días, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no BOPPO.

  • Estar empadroado no Concello de Soutomaior antes do 01-01-2020
  • Estar federado no período para o que se solicita a axuda e na data de solicitude da mesma dentro da modalidade que practiquen.
  • Estar ao corrente nas obrigas tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estaren ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
  • Os establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións e aplicables no presente caso.
  • Non estar cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.

As axudas  concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

As solicitudes presentaranse, no Rexistro Xeral do Concello ou ben a a través dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Así mesmo, tamén poderán presentar a súa solicitude electrónicamente a través de http://soutomaior.sedelectronica.es/

Documentación:

  1. Fotocopia do DNI e do libro de Familia no caso de menores de idade
  2. Certificado orixinal de empadroamento do concello de Soutomaior.
  3. Declaración xurada das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas polo solicitante por parte doutras entidades públicas ou privadas (nacionais ou estranxeiras) para o financiamento da actividade para a que se solicita a axuda (Anexo II).
  4. Declaración xurada de non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario da subvención conforme ao disposto no art. 13 da Lei xeral de subvencións. (Anexo III).
  5. Declaración xurada de estar ao corrente das obrigas coa Axencia Tributaria autonómica, coa facenda galega e coa Seguridade Social. (Anexo IV)
  6. Fotocopia compulsada da licenza federativa que deberá estar vixente.
  7. Memoria deportiva do ano 2019, indicando o carácter de cada competición onde se participou (provincial, galego, estatal ou internacional).

O pagamento das axudas farase nun único pagamento previa presentación dos gastos xustificados con:

  • Facturas orixinais (ou fotocopias debidamente compulsadas), ou certificados de pago relacionados coa actividade realizada no seu caso correspondente o ano en curso (2020).
  • Acreditación do gasto realizado(como mínimo o importe da axuda) , é dicir, que foi efectivamente pagado.

A xustificación da axuda poderá realizarse ata o 30 de novembro do ano en curso.

Cando os deportistas sexan menores de idade as axudas terán que ser solicitadas pola nais, pais ou o titores.

Terán a consideración de deportes de carácter individual todos aqueles deportes que, segundo a súa regulamentación, son practicados por un ou dous deportistas como máximo.

Todas as bases pódense consultar na páxina web: www.soutomaior.gal


Publicado en Deportes
Descargar adjuntos:

BASES-AXUDAS-DEPORTISTAS-2020.pdf (44 Descargas)
Visto 447 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Suspendido o deporte federado autonómico

19-01-2021 / Deportes

Segundo ultimas noticias da Consellería de Sanidade as competicións deportivas federadas suspéndense a nivel autonómico e os deportistas deberán axustarse ao toque de queda e ao peche perimetral de cada concello. Debido a iso o Concello de Soutomaior pecha as súas instalacións ata novo aviso excepto para aquelas actividades deportivas que se usen cun máximo de 4 persoas.

Aprazamento do inicio das Escolas Deportivas

14-01-2021 / Deportes

Debido ás novas restricións indicadas pola Xunta de Galicia no Diario Oficial do día de hoxe, vémonos obrigados a aprazar o reinicio das  Escolas Deportivas ata novo aviso.

Reinicio das Escolas Deportivas 2020-2021

12-01-2021 / Deportes

O vindeiro luns día 18 de xaneiro reiniciaranse as Escolas Deportivas 2020-2021 no Pavillón Municipal da Montesiña. As actividades, días, grupos e horarios serán os mesmos cos que se iniciaron no mes de outubro. O Concello de Soutomaior pon en marcha de novo estas Escolas Deportivas xa que a Xunta de Galicia desde a súa Secretaría Xeral para o Deporte indicou...

Restricións deportivas – Covid 19

05-11-2020 / Deportes

De acordo coas novas restricións indicadas no DOG nº 223-Bis do 04-10-2020, o Concello de Soutomaior na súa parcela deportiva dispón: 1º.- Seguen suspendidas as Escolas Deportivas infantiles. 2º.- Suspender as clases de tenis e pádel adultos 3º.- Seguen pechados o Pavillón Municipal, Campos de Fútbol Municipais e demais instalacións recreativas deportivas do Concello (pistas patinaxe, multideportivas,etc.) 4º- Péchanse as pistas de pádel e...

Escolas Deportivas Infantiles Concello de Soutomaior

29-09-2020 / Deportes

Deportes/Horarios/Inscritos  Ante calquera dúbida ou consulta poñerse en contacto co Pavillón de Deportes (986700964) no horario establecido.

Axudas para deportistas individuais do Concello de Soutomaior 2020

25-09-2020 / Deportes

 A Concellería de Deportes do Concello de Soutomaior, sendo consciente das dificultades dos deportistas de modalidades individuais para progresar na súa formación integral e para participar en distintas competicións, propón a convocatoria de axudas para a promoción e difusión do deporte e para impulsar a práctica deportiva. As bases reguladoras da concesión destas axudas establécense de conformidade co disposto na Lei...

TV Concellería de Deportes