Venres, 04 Setembro 2020 11:17

Escolas Deportivas 2020-2021

Escolas Deportivas 2020-2021

O Concello de Soutomaior pon en marcha as Escolas Deportivas 2020-2021.

Pádel e tenis (infantil e adultos), Baile moderno e de salón, patinaxe, ximnasia rítmica e acrobática, iniciación ao deporte , multideporte, natación, baloncesto e actividade física para adultos son as distintas opcións deportivas das Escolas Deportivas Municipais.

O inicio está previsto para o luns 5 de outubro e seguirase un minucioso protocolo de actuación ante o covid 19.

Debido a iso as prazas das distintas Escolas Deportivas doutros anos ven reducidas nunha ampla porcentaxe polo que se terá en conta a data de inscrición achar chegar ao límite fixado de prazas (terán preferencia os empadroados no Concello).

A información e as inscricións pódense realizar desde o martes 8 ata o luns 21 de setembro no Pavillón Municipal a Montesiña. (Horario a partir das 18,30 h)


Publicado en Deportes
Visto 734 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Kick Boxing Arcade - 47 medallas no Campionato Galego

25-03-2021 / Deportes

O Kick Boxing Club Arcade obtivo 22 medallas de ouro, 15 de prata e 10 de bronce sendo o club galego máis laureado O Campionato Galego de Kickboxing 2021, que se celebrou en Ourense durante os días 20 e 21 de marzo. Organizado pola Federación Galega de Kickboxing, o campionato tiña que celebrarse o pasado mes de febreiro, pero as restricións sanitarias...

Posta en servizo das novas pistas de tenis e petanca

22-03-2021 / Deportes

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, visitou , acompañado polos deputados provinciais, Héctor Santos e Ana Laura Iglesias, dúas actuacións que o Concello acaba de poñer en servizo e que foron financiadas a través do Plan Concello da Deputación de Pontevedra, as novas pistas de tenis e petanca na Montesiña e o último tramo da rede de saneamento dese mesmo...

Reapertura das pistas de tenis e pádel

24-02-2021 / Deportes

Debido ás novas medidas que alivian varias das restricións deportivas debido ao COVID en Galicia, o Concello de Soutomaior inicia, a partir do venres ás 00,00 horas, a apertura das pistas de tenis e pádel xa que a orde da Xunta permite que ata catro non conviventes poidan facer deporte de maneira conxunta. Tamén se volven a retomar as clases de...

Peche das instalacións deportivas

27-01-2021 / Deportes

Seguindo as normas marcadas pola Xunta de Galicia no seu DOG nº 16 Bis do 26-01-2021 en relación á práctica deportiva, o Concello de Soutomaior decide proceder ao peche de todas as súas instalacións deportivas ata a finalización da actual situación.

Suspendido o deporte federado autonómico

19-01-2021 / Deportes

Segundo ultimas noticias da Consellería de Sanidade as competicións deportivas federadas suspéndense a nivel autonómico e os deportistas deberán axustarse ao toque de queda e ao peche perimetral de cada concello. Debido a iso o Concello de Soutomaior pecha as súas instalacións ata novo aviso excepto para aquelas actividades deportivas que se usen cun máximo de 4 persoas.

Aprazamento do inicio das Escolas Deportivas

14-01-2021 / Deportes

Debido ás novas restricións indicadas pola Xunta de Galicia no Diario Oficial do día de hoxe, vémonos obrigados a aprazar o reinicio das  Escolas Deportivas ata novo aviso.

TV Concellería de Deportes