Luns, 03 Febreiro 2020 09:49

Recoñecemento aos deportistas do Club Náutico Arcade.

Recoñecemento aos deportistas do Club Náutico Arcade.

 O pasado sábado o Concello de Soutomaior recoñeceu nun acto no Castelo de Soutomaior aos deportistas do Club Náutico Arcade na súa modalidade de Esquí Náutico onde levan logrando uns meritorios resultados nos últimos anos logrando ser o club como mellor canteira en categorías basee.

Pablo Puentes, Lucia Muiños e Andrea Vilas proclamáronse campións galegos a tempada pasada.

 O Alcalde, Agustín Reguera, entregou un obsequio a cada un dos compoñentes do equipo.

No mesmo acto o Club Náutico, por medio do seu presidente Adolfo Seoane, fixo entrega dos trofeos aos primeiros clasificados aos pescadores do seu Club nas distintas modalidades


Publicado en Deportes
Visto 331 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Escolas Deportivas Municipais – Ultima hora

12-03-2020 / Deportes

Ante a orde de suspender as clases en toda a comunidade Galega anunciada pola Xunta de Galicia a través do departamento de Educación, o Concello de Soutomaior informa: Que desde o luns día 16 de Marzo quedan suspendidas as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Soutomaior.

Escolas Deportivas

12-03-2020 / Deportes

Desde o servizo de deportes da Deputación de Pontevedra comunican o cesamento temporal da actividade das Escolas Deportivas Provinciales de Patinaxe e Baloncesto ata novo aviso. As Escolas Deportivas Municipais do Concello de Soutomaior seguirán o seu curso ata que as autoridades educativas e sanitarias emitan as súas recomendacións e mentres se manteña o desenvolvemento escolar habitual.

Kick Boxing Club Arcade. 60 Medallas no Campionato Galego

28-02-2020 / Deportes

O Kick Boxing Club Arcade logra nos campionatos galegos de Tatami celebrado en Ourense (Pavillón Paco Paz) 30 medallas de ouro, 19 de prata e 11 de bronce. Nas distintas categorías e pesos celebrouse en tres modalidades distintas: Kick, Lixeiro e Point. Entre os moitos medallistas destacaron Anxo Vidal, Noemi Martínez e David Sobral que lograron 3 medallas de ouro e proclamáronse...

Escolas Deportivas - Natación

17-02-2020 / Deportes

Acábannos de comunicar do Centro Deportivo Rías do Sur que as piscinas climatizadas están avariadas e a temperatura da auga non se atopa aos mínimos esixidos para o seu uso. Por todo iso informámoslles que a actividade de natación das escolas deportivas do Concello de Soutomaior queda hoxe luns 17 de febreiro suspendida. Esta actividade queda aprazada para o luns 1 de...

Recoñecemento aos deportistas do Club Náutico Arcade.

03-02-2020 / Deportes

 O pasado sábado o Concello de Soutomaior recoñeceu nun acto no Castelo de Soutomaior aos deportistas do Club Náutico Arcade na súa modalidade de Esquí Náutico onde levan logrando uns meritorios resultados nos últimos anos logrando ser o club como mellor canteira en categorías basee. Pablo Puentes, Lucia Muiños e Andrea Vilas proclamáronse campións galegos a tempada pasada.  O Alcalde, Agustín Reguera...

Suspensión de actividades deportivas ao aire libre

16-01-2020 / Deportes

Debido que a Axencia Estatal de Meteoroloxía avisa dun fenómeno adverso de nivel laranxa por vento o Concello de Soutomaior informa que quedan suspendidas as seguintes actividades deportivas: Clases de Tenis e Padel (Pistas Pavillón A Montesiña) Adestramentos Campo de Fútbol Municipal de Salgueirón (Arcade) Adestramentos Campo de Fútbol Municipal de Candán (Soutomaior) O xoves 16/01/20 dende as 06.00 da madrugada ata as 20.00...

TV Concellería de Deportes