Martes, 14 Novembro 2017 13:40

Programación Nadal 2017

Programación Nadal 2017

O programa de actividades preparado polo Concello  de Soutomaior para as Festas de Nadal  iniciarase o martes día 5 de decembro co encendido da iluminación do Nadal ás 7 da tarde na Alameda de Talo Río. Desde as 6 da tarde  o espectáculo “A bailar non Nadal” servirá de aperitivo ao encendido das luces do Nadal. Xogos musicais, cancións en directo, número de maxia, batalla de globos xigantes, etc. fará máis agradable a espera do aceso luminoso das rúas do Concello.

A programación do Nadal está composta  de distintas actividades tanto de carácter cultural , deportivo e lúdico para todos os públicos.

Desde os concertos da Banda e da Escola de música, o festival da solidariedade, concerto de habaneras, grupos folclóricos  e o concerto de corais son exemplos das actividades culturais.

No aspecto deportivo destaca o Festival de patinaxe no pavillón da Montesiña.

Como carácter lúdico pódense destacar “quedada..para ver unha peli”,” Nadal en familia”,” a gimkana do curioso” e distintas actividades de animación.

A entrega de premios do concurso de postais de nadal e a chegada e recepción aos Reis Magos completan esta programación do Concello de Soutomaior para este nadal.


Publicado en Cultura
Descargar adjuntos:

17-programacion-cultura-4-trimestre.pdf (422 Descargas)
Visto 1539 veces


Concellería de Cultura
Casa do Concello

Desfile Municipal de Comparsas de Entroido en Arcade

27-01-2020 / Cultura

O Concello de Soutomaior abre este luns 27 de xaneiro ás 09.30 h o prazo de inscrición de Comparsas que queiran participar no DESFILE MUNICIPAL DE COMPARSAS DE ENTROIDO 2020. O prazo de inscrición pecharase o mércores 19 de febreiro ás 14 h.  O Desfile de comparsas terá lugar o domingo 1 de marzo de 2020 ás 17.00 horas. O lugar de saída...

Biblioteca – Novos equipos informáticos.

16-01-2020 / Biblioteca

 A Biblioteca Municipal do Concello de Soutomaior en Arcade pon en funcionamento 5 equipos informáticos novos de última xeración co obxecto de mellorar o servizo que se presta aos usuarios. Teñen acceso os usuarios durante 90 minutos cun control de contidos.  Para usalos hai que darse de alta directamente na biblioteca. Están dotados de auriculares, USB.... e pódese imprimir Os novos equipos axudarán a...

Teatro: “A Festa da Primavera”

09-01-2020 / Cultura

Grupo de teatro musical infantil “ Ilusionistas” de Ponte Caldelas  Domingo 12 de xaneiro ás 18,00 horas - Casa do Pobo Val- Sobral (Soutomaior) Obra de creación colectiva adaptada e dirixida por Manuel Solla. Público infantil e familiar As nubes instaláronse no bosque e non queren marchar. Os animais están moi preocupados e non lembran como era cando había sol. Buscan unha solución, entre...

Reis Magos 2020

02-01-2020 / Cultura

 Domingo 5 de Xaneiro Ás 12,00 horas – Casa do Concello (Soutomaior) Tras a súa chegada, e recibidos polo Alcalde de Soutomaior, Melchor, Gaspar e Baltasar saudarán, xunto coa súa comitiva Real, e recollerán as cartas dos nenos e nenas que aínda non fosen enviadas. A partir das 17,00 horas haberá un desfile en Arcade desde a rúa Calvario ata a Alameda de...

Nadal de contos - Os contos do avó

30-12-2019 / Biblioteca

Luns 30 de decembro ás 17,30 h. – Biblioteca Municipal Os contos do avó: lendas e historias galegas Paixón pola nosa terra, a nosa xente e en especial os nosos cativos. Iso é o que sente este adorable avoiño ó transmitir de boca en boca, como se facía antano, as máis incribles lendas e historias que brotan da nosa terra galega. De norte a...

Banda de Música Artística de Arcade – Concerto de Nadal

27-12-2019 / Cultura

Domingo 29 ás 12,30 h. – Multiusos de Arcade Levan 150 anos acompañando algúns dos momentos máis importantes da historia de Arcade e pódese dicir que puxeron o ritmo á maioría das datas craves desta localidade. Creada en 1868 polo empeño dun grupo de amigos, a Agrupación Musical Artística de Arcade non deixou de tocar desde entón. A diferenza doutras bandas...


Os libros que te fan imaxigar

97 formas de decir "te quiero"

Cristóbal no sale de su asombro cuando Daniela, una joven desconocida, le revela que ambos murieron veinte años atrás con la promesa de reencarnarse. Pero más atónito queda aún cuando...

El planeta americano

A lo largo del siglo XX se han creado muchos mitos, pero hay uno, ahora que otros han muerto y el siglo declina, que se alza sobre los demás: Estados...

El símbolo perdido

¿Existe un secreto tan poderoso que, de salir a la luz, sea capaz de cambiar el mundo?  Washington. El experto en simbología Robert Langdon es convocado inesperadamente por Peter Solomon, masón...

Acio sanguento

Daniel Sieiro, un policía capaz de ver ata debaixo do alcatrán, e o seu axudante Maquieira deben averiguar quen é o autor do truculentos asasinato de Xulio Afonso, un profesor...