Mércores, 16 Febreiro 2022 14:02

Día de Rosalía

Día de Rosalía

Este ano o festexo do Día de Rosalía adiántase ao 23 de febreiro. Esta foi a data acordada pola Fundación Rosalía e polas principais institucións implicadas tras basearse nos resultados do traballo da investigadora Sagrario Abilleira, no que se acredita que este foi o día de nacemento da autora.  Soutomaior súmase a este festexo con dúas accións que terán lugar durante a semana que ven.

A partir do do luns 21 de febreiro en Talo Río colocarase un Photocall específico  para poder tirar fotos e conmemorar este día tan especial.

O venres 25 de febreiro ás 20 :00 h no Multiúsos (Arcade) poderemos gozar do espectáculo musical "A meniña gaiteira" no que Servando  Barreiro canta a Rosalía. Un espectáculo baseado na vida e obra de Rosalía de Castro durante o cal os poemas de Rosalia son cantados entre paisaxes biográficas e declaracións sobre a súa condición de muller e escritora galega. O resultado é un conxunto ben equilibrado de cantigas alegres (con acordeón) e outras mais reflexivas e biográficas(acompañadas da guitarra) enfiadas con comentarios e pasaxes que destacan outros aspectos menos coñecidos mas non por iso menos importantes do seu pensamento.

Dirixido a todos os pùblicos.

As prazas cubriranse ata completar aforo. Será de balde. 

Agardámosvos!

 

Quen é Servando Barreiro? 

Músico de formación clásica e contador de historias. Debido ao seu crecente interese pola música tradicional galega, comeza a facer arranxos de melodías recollidas de diferentes cancioneiros galego-portugueses ou do contacto directo coa xente do rural en traballos de campo. Paralelamente, realiza composicións musicais con letras propias e de poetas clásicos e contemporáneos galegos. Froito deste traballo foi premiado no IV Festival Galego da Canción, que supuxo a gravación do seu primeiro disco compartido cos demais finalistas. Logo chegarían os traballos discográficos "O son da sega" (1996), "A dança do lume" (1999), "Som voltas" (2004) e, máis recentemente, o libro-cd baseado en contos de Anxo Moure: "Vicentinho e as árvores da paz" (2010). O libro-cd "A música das árbores" (Xerais, 2015), en coautoría con Anxo Moure, é a súa primeira obra en Xerais.


Publicado en Cultura
Visto 235 veces

Cultura

Gisela arrasa no Peirao e pon a cantar a grandes e pequenos

Gisela arrasa no Peirao e pon a cantar a grandes e pequenos

16-08-2022 / Cultura

O pasado sábado o Peirao de Arcade encheuse de familias impacientes por escoitar en directo as cancións das súas películas de Disney favoritas. Gisela subiu ao escenario para ofrecer un show divertidísimo no que non se esqueceu de ningunha xeración. Tamén a acompañaron algunhas personaxes populares como a Sirenita, Pocahontas ou o Xenio de Aladín. O concerto rematou ca participación de todos...

Milladoiro enche o Peirao cun concerto espectacular

Milladoiro enche o Peirao cun concerto espectacular

09-08-2022 / Cultura

Este verán o Concello propúxose que os veciños de Soutomaior non teñan que saír do seu Concello para gozar dos seus momentos de lecer. O concerto de Milladoiro foi un dos...

Concerto multitudinario de Dani Fernández no Peirao de Arcade

Concerto multitudinario de Dani Fernández no Peirao de Arcade

26-07-2022 / Cultura

Dani Fernández concentrou a miles de fans o pasado venres no Peirao de Arcade. Unha alternativa de lecer cultural, sa e segura para os mozos e mozas do Concello! Durante todo...

Dani Fernández e Roi Casal actuarán no Peirao de Arcade nos próximos días

19-07-2022 / Cultura

O alcalde de Soutomaior e a concelleira de Cultura presentaron os dous grandes concertos desta semana. O venres ás 22.30 horas saltará ao escenario colocado no Peirao, Dani Fernández. A...

Bernardo Seoane, creador do trofeo dos premios indie de VideoXogando

14-07-2022 / Cultura

Moitos dos que estivestes a semana pasada en VideoXogando pasastes varias horas na caseta de xogos indies. Algúns deses xogos competiron nun concurso que enfrontou a algúns dos programadores máis...

Elesky deu un espectáculo divertidísimo que concregou a moitos dos seus seguidores

11-07-2022 / Cultura

Un dos momentos álxidos de VideoXogando foi a actuación de Elesky, unha streamer que mestura a música cos videoxogos e que deu un autentico espectáculo. Ademais, moitos seguidores de Soutomaior e...

Pais/nais e fillos/as descobres as novidades do mundo do videoxogo e gozan dos títulos doutra época

11-07-2022 / Cultura

VideoXogando reuniu durante o venres e o sábado a varios centenares de apaixonados dos videoxogos que non quixeron perderse os coloquios, concertos e casetas cos mellores videoxogos de hoxe e...

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado encomía a programación de Videoxogando e Soutomareiro

08-07-2022 / Cultura

Onte o alcalde de Soutomaior e a concelleira de Xuventude recibiron á Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, quen quixo ver de primeira man as instalacións nas...


Os libros que che fan imaxinar

Llévame a casa

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Juan ha conseguido independizarse lejos de su país cuando se ve obligado...

Patio de luces

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro...

Na néboa

26-01-2022 / Os libros da Biblioteca

"Na néboa, publicada por primeira vez en 1901, e unha hábil historia...

Antes de durmir

28-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Unha delicada historia que fala da amizade durante a infancia e o...

Virtudes ( e misterios)

20-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Premio Nacional de Narrativa 2021. El jurado de dicho premio ha seleccionado...

Las vencedoras

07-07-2021 / Os libros da Biblioteca

A los cuarenta años, Solène lo ha sacrificado todo por su carrera...

El huerto de Emerson

10-06-2021 / Os libros da Biblioteca

«La vida puede ser breve, pero la memoria de lo vivido no...

El silencio de las olas

10-05-2021 / Os libros da Biblioteca

Un sueño recurrente y perturbador. Un misterioso camafeo y una mujer en...

Escenas, imaxes e sons do camiño

10-05-2021 / Os libros da Biblioteca

Estamos diante dun ensaio que pon en valor a visión e o...

La transformación de Carag

14-04-2021 / Os libros da Biblioteca

Tras el brillo de los ojos de Carag se esconde un secreto...

El bosque de los cuatro vientos

07-04-2021 / Os libros da Biblioteca

A comienzos del siglo XIX, el doctor Vallejo viaja de Valladolid a...

Sakura

06-04-2021 / Os libros da Biblioteca

Una novela que nos traslada de París a Japón de la mano...