Luns, 22 Novembro 2021 07:53

Especial Noite de Reis!

Especial Noite de Reis!

 

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscricións para participar no percorrido en Tren que se levará a cabo durante a Cabalgata de Reis na tarde do mércores 5 de xaneiro, Especial Noite de Reis.

Pola mañá do mércores 5 de xaneiro ás 12.00h as súas Maxestades chegarán á Casa do Concello e iniciarán o percorrido visitando as parroquias de Soutomaior.

Xa, pola tarde, ás 17 h as súas maxestades desfilarán desde a rúa do Calvario ata a Alameda Talo Río en Arcade, acompañados por unha Comitiva Real da que ti tamén poderás formar parte. Poderás acompañar ás súas Maxestades no TREN durante o percorrido ata Talo Río. As prazas serán limitadas e polo tanto, para participar haberá que inscribirse previamente EN LIÑA na webInscricións en LIÑA (gabinetesoutomaior.com) ata o domingo 12 de decembro. As prazas estarán limitadas a 40. No caso de haber máis solicitudes que prazas ofertadas farase un sorteo públicamente o venres 17 de decembro pola tarde no Multiúsos.

Para participar no paseo en tren haberá varias opcións:

Opción 1: Acompaña aos Reis Magos durante o pasarrúas. 

Opción 2: Paseo en tren polos arredores de Talo Río.

Si escolles a opción "Desexo acompañar aos Reis Magos durante o pasarrúas" debes ter entre 5 e 11 anos (preferentemente persoas empadroadas no Concello de Soutomaior).  O sorteo de prazas farase en directo o venres 17 de decembro no Multiúsos, cando remate a entrega de premios do Concurso de Postais  e Felicitacións de Nadal.

Si escolles a opción “Desexo pasear en tren polos arredores de Talo Río cando xa estén na Alameda” poderás gozar dun pequeno paseo en tren para todas as idades (menores de 8 anos acompañados/as). Neste caso, poderás inscribirte previamente  EN LIÑA ou senón inscribirte directamente alí se hai prazas. A orde a seguir será a de inscrición en liña e logo inscrición no mesmo día no lugar da actividade.

A Cabalgata durante o desfile da Comitiva Real irá acompañada doutras animacións e ambitacións con moitas sorpresas polo que vos convidamos a non perdervos unha tarde - noite tan especial  na que recibiremos con moita ilusión, a tan agardada visita  de Melchor, Gaspar e Baltasar, ao municipio de Soutomaior.


Publicado en Cultura
Visto 221 veces

Cultura

Éxito rotundo de Soutono! Os produtos de proximidade brillaron como nunca

Éxito rotundo de Soutono! Os produtos de proximidade brillaron como nunca

29-11-2022 / Cultura

ÉXITO ROTUNDO DE SOUTONO! OS PRODUTOS DE PROXIMIDADE BRILLARON COMO NUNCA! Bueno bueno bueno... menudo sábado pasamos en Talo Río! Durante todo o día foron moitas as persoas que se achegaron á carpa de Soutono para gozar das múltiples actividades programadas e catar os produtos de proximidade dos distintos postos. Esta iniciativa resultou ser a mellor promoción para os produtos elaborados neste Concello...

‘Soutono’, a gran festa gastronómica de Soutomaior na que haberá chocolate e castañas gratis

‘Soutono’, a gran festa gastronómica de Soutomaior na que haberá chocolate e castañas gratis

21-11-2022 / Cultura

O Concello de Soutomaior celebra o próximo día 26, ‘Soutono’, un gran evento que encherá a Alameda de Talo Río e que busca promocionar e potenciar os produtos gastronómicos elaborados...

ARTELLANDO xa é unha realidade e ven a facilitas a difusión dos artistas locais

ARTELLANDO xa é unha realidade e ven a facilitas a difusión dos artistas locais

18-11-2022 / Cultura

O Concello de Soutomaior pon en marcha o Programa de dinamización socio-cultural “ARTELLANDO, Soutomaior promove cultura”, que pretende potenciar o valor da arte e da cultura, poñendo o foco no...

ARTELLANDO será un antes e un despois para os/as artistas locais

08-11-2022 / Cultura

Este xoves o Concello reúnese cun grupo de artistas locais para dar o pistoletazo de saída a Artellando, unha nova iniciativa que quere poñer en valor a cultura no noso...

A Biblioteca Municipal distinguida como a máis innovadora de Galicia na súa categoría

25-10-2022 / Cultura (Biblioteca Municipal)

Hoxe recibimos o Premio a Innovación Bibliotecaria. Un galardón que distingue ao Concello de Soutomaior pola súa labor no fomento da lectura ca iniciativa ‘Bibliofogar’ que achega os libros ás...

Gisela arrasa no Peirao e pon a cantar a grandes e pequenos

16-08-2022 / Cultura

O pasado sábado o Peirao de Arcade encheuse de familias impacientes por escoitar en directo as cancións das súas películas de Disney favoritas. Gisela subiu ao escenario para ofrecer un show...

Milladoiro enche o Peirao cun concerto espectacular

09-08-2022 / Cultura

Este verán o Concello propúxose que os veciños de Soutomaior non teñan que saír do seu Concello para gozar dos seus momentos de lecer. O concerto de Milladoiro foi un dos...

Concerto multitudinario de Dani Fernández no Peirao de Arcade

26-07-2022 / Cultura

Dani Fernández concentrou a miles de fans o pasado venres no Peirao de Arcade. Unha alternativa de lecer cultural, sa e segura para os mozos e mozas do Concello! Durante todo...


Os libros que che fan imaxinar

Só ficarán cinzas en algures

08-11-2022 / Os libros da Biblioteca

"Un baleiro perfecto, un asasinato imperfecto... Unha cidade onde nunca pasa nada, catro...

Llévame a casa

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Juan ha conseguido independizarse lejos de su país cuando se ve obligado...

Patio de luces

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro...

Na néboa

26-01-2022 / Os libros da Biblioteca

"Na néboa, publicada por primeira vez en 1901, e unha hábil historia...

Antes de durmir

28-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Unha delicada historia que fala da amizade durante a infancia e o...

Virtudes ( e misterios)

20-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Premio Nacional de Narrativa 2021. El jurado de dicho premio ha seleccionado...

Las vencedoras

07-07-2021 / Os libros da Biblioteca

A los cuarenta años, Solène lo ha sacrificado todo por su carrera...

El huerto de Emerson

10-06-2021 / Os libros da Biblioteca

«La vida puede ser breve, pero la memoria de lo vivido no...

El silencio de las olas

10-05-2021 / Os libros da Biblioteca

Un sueño recurrente y perturbador. Un misterioso camafeo y una mujer en...

Escenas, imaxes e sons do camiño

10-05-2021 / Os libros da Biblioteca

Estamos diante dun ensaio que pon en valor a visión e o...

La transformación de Carag

14-04-2021 / Os libros da Biblioteca

Tras el brillo de los ojos de Carag se esconde un secreto...

El bosque de los cuatro vientos

07-04-2021 / Os libros da Biblioteca

A comienzos del siglo XIX, el doctor Vallejo viaja de Valladolid a...