Martes, 11 Mai 2021 12:49

Día das Letras Galegas 2021

Día das Letras Galegas 2021

O Concello de Soutomaior presentou as iniciativas municipais para a conmemoración do Día das Letras Galegas deste ano, dedicado á figura da poeta Xela Arias. As actividades están deseñadas para fomentar o uso do galego nos diversos contextos sociais dos máis novos e divídense en dous grandes grupos, os concursos literarios e de comunicación e as actividades presenciais do día da celebración.

En primeiro lugar, sitúanse os certames literarios “ Verbas para…comunicar”, que celebra este ano o seu XIII edición, e “ Penso, logo existo en galego”. O primeiro é un clásico da programación municipal e busca promover o uso do galego entre a mocidade dos centros escolares do municipio. Pola súa banda, o segundo pretende fomentar a lingua galega en contextos non formais e a través das redes sociais. Ambas permiten composicións en diferentes soportes á hora de transmitir os textos como o vídeo ou o audio.

Ademais dos dous certames en lingua galega, para o luns 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Concello presentou dúas iniciativas para o público máis novo, unha xincana deportiva con xogos tradicionais e un contacontos infantil sobre as grandes literatas galegas. As dúas terán lugar na alameda Talo Rio de Arcade.

A xincana “ As nosas letras” está deseñada para fomentar o uso do galego en contextos lúdicos e espertar o interese dos participantes na cultura tradicional galega. O contacontos, titulado “ As mulleres das Letras” céntrase na figura das mulleres na literatura galega, desde Rosalía de Castro a Xela Arias pasando por Francisca Herrera, María Mariño e María Vitoria Moreno.

Conmemoración do centenario de Emilia Pardo Bazán

Ademais dos concurso e actividades relacionadas co Día das Letras Galegas, o Concello de Soutomaior tamén presentou esta mañá o taller “Historia dunha vida”. Unha actividade dirixida ao público infantil na que se pon en valor de forma moi interactiva a vida e obra da autora galega, Emilia Pardo Bazán, con motivo do centenario do seu falecemento.


Publicado en Cultura
Visto 171 veces

Ciclo de cinema en galego: A illa das mentiras.

16-06-2021 / Cultura

Este sábado 19 de xuño ás 22.30 h no auditorio exterior do Multiúsos, o Concello de Soutomaior continuará co Ciclo de Cinema en Galego programado para todo este mes de xuño e principios de xullo. Nesta ocasión proxectarase o filme A ILLA DAS MENTIRAS, un filme de 2020 dirixido pola galega Paula Cons, con guión da propia Paula Cons e Luis Marías, e...

Entrega de premios: Penso, logo existo... en galego!

16-06-2021 / Cultura

A Concelleira de Educación, Fátima Vidal, en nome da Concelleira de Cultura, Noelia Ocampo, fixo entrega este martes dos patinetes eléctricos ás persoas que resultaron premiadas na Iniciativa Penso, logo existo... en galego! promovida polo Concello de Soutomaior para impulsar o uso da lingua galega nas redes sociais.   A entrega realizouse no IES Soutomaior dado que todas as persoas premiadas resultaron...

O Camiño que nos orienta. Gran xogo de orientación.

14-06-2021 / Cultura

O sábado 17 de xullo de 19 a 22 h terá lugar esta actividade organizada polo Concello de Soutomaior. Trátase dunha actividade cun formato non competitivo que se centrará máis en pasalo ben e coñecer un pouco mellor o Camiño Portugués ao seu paso por Soutomaior así como toda a historia do municipio, costumes, lendas, etc. A actividade potenciará o traballo en...

Programación fin de semana 11/12 de Xuño

11-06-2021 / Cultura

Venres 11 de xuño ás 19,00 h. “Príncipas e Princesos” – Multiusos Arcade Faise saber que se buscan príncipes rosas…e princesas azuis! faise saber que ides escoitar contos de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro! son contos de Príncipas e Princesos. Unha reflexión sobre a igualdade a través de contos atípicos...

Entre lusco e fusco: lendas da Peneda.

10-06-2021 / Cultura

O vindeiro venres 18 de xuño as 21:00 horas no Monte da Peneda terá lugar a actividade "Entre lusco e fusco: Lendas da Peneda" organizada polo Concello de Soutomaior dentro do programa Bibliofogar. Unha actividade na que poderemos participar dunha contada a cargo de Celso F. Sanmartín, máis coñecido como Celsiño, que nos achegará coas súas historias, recollidas a gran...

CINEMA Ó AIRE LIBRE "ONS"

09-06-2021 / Cultura

    Este sábado 12 de xuño ás 22.30 h no Multiúsos (auditorio exterior) proxectarase este filme galego de 2020 dirixido por Alfonso Zarauza e escrito por Zarauza e Jaione Camborda. É unha longametraxe galega con participación portuguesa rodada en lingua galega con partes en castelán. Estreouse no Festival de Cinema Europeo de Sevilla o 11 de novembro de 2020. A entrada será de...


Os libros que te fan imaxinar

El huerto de Emerson

«La vida puede ser breve, pero la memoria de lo vivido no se acaba nunca.» Luis Landero retoma la memoria y las lecturas de su particular universo personal donde las...

El silencio de las olas

Un sueño recurrente y perturbador. Un misterioso camafeo y una mujer en busca de respuestas. Un secreto silenciado durante años rompe el rumor de las olas. Adela Roldán, casada y con un...

Escenas, imaxes e sons do camiño

Estamos diante dun ensaio que pon en valor a visión e o aproveitamento de todo o relacionado co tema xacobeo desde distintos ángulos culturais. O autor ofrécenos un texto elegantemente...

La transformación de Carag

Tras el brillo de los ojos de Carag se esconde un secreto milenario: es un metamórfico. Creció como puma, pero ahora vive entre los humanos como un chico cualquiera. No...

El bosque de los cuatro vientos

A comienzos del siglo XIX, el doctor Vallejo viaja de Valladolid a Galicia junto con su hija Marina para servir como médico en un poderoso monasterio de Ourense. Allí descubrirán...

O último barco

A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na...

Sakura

Una novela que nos traslada de París a Japón de la mano del pintor Vincent Van Gogh.  Una aventura en la que la búsqueda del retrato del doctor Gachet marcará un...

El infinito en un junco: la invención de…

Este es un libro sobre la historia de los libros. Un recorrido por la vida de ese fascinante artefacto que inventamos para que las palabras pudieran viajar en el espacio...

Yo, Jane

Esta es la historia de una niña llamada Jane, que soñaba con cuidar a todos los animales y creció para ayudar a cambiar el mundo. "Existen muchas personas que han tenido...


Os libros que te fan imaxinar

El huerto de Emerson

«La vida puede ser breve, pero la memoria de lo vivido no se acaba nunca.» Luis Landero retoma la memoria y las lecturas de su particular universo personal donde las...

El silencio de las olas

Un sueño recurrente y perturbador. Un misterioso camafeo y una mujer en busca de respuestas. Un secreto silenciado durante años rompe el rumor de las olas. Adela Roldán, casada y con un...

Escenas, imaxes e sons do camiño

Estamos diante dun ensaio que pon en valor a visión e o aproveitamento de todo o relacionado co tema xacobeo desde distintos ángulos culturais. O autor ofrécenos un texto elegantemente...

La transformación de Carag

Tras el brillo de los ojos de Carag se esconde un secreto milenario: es un metamórfico. Creció como puma, pero ahora vive entre los humanos como un chico cualquiera. No...