Martes, 12 Novembro 2019 15:43

Concerto do dúo Oradaladou en Soutomaior

Concerto do dúo Oradaladou en Soutomaior

Este domingo 17 de novembro ás 18.00 h no Auditorio do Multiusos, en Arcade,   o dúo Oradaladou conformado por  Sonsoles Penadique (acordeón diatónico e voz) e Carlos Quintá (violín e voz) dará este acto musical que ten como finalidade fundamental homenaxear ao etnógrafo natural de Cotobade, Antón Fraguas, ao que se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Durante a actuación de Oradaladou serán interpretadas as 13 pezas que compoñen o seu disco Cantigueiro de Cotobade, composto a partir das cantigas recollidas por Antón Fraguas. Á súa vez, estes temas levan o título das 13 parroquias que compuñan o antigo concello de Cotobade. O concerto, que posúe un alto compoñente didáctico, está incluído dentro dun programa de actuacións encargadas de espallar e dar a coñecer a figura de Antón Fraguas a través da música organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Soutomaior.

 


Publicado en Cultura
Visto 316 veces

Desfile de comparsas 2020

06-03-2020 / Cultura

O Desfile de comparsas terá lugar este domingo día 8 de marzo a partir das 17.00 horas.  O lugar de saída será a Rúa Calvario, na intersección da Avda. Xosé Solla coa Rúa Cochón.  A primeira en desfilar será a dos nenos e nenas que forman a comparsa resultante do obradoiro que organiza o Concello de Soutomaior. As comparsas participantes son: La Comparsita (Ponte...

Desfile de comparsas 2020

06-03-2020 / Cultura

O Desfile de comparsas terá lugar este domingo día 8 de marzo a partir das 17.00 horas.  O lugar de saída será a Rúa Calvario, na intersección da Avda. Xosé Solla coa Rúa Cochón.  A primeira en desfilar será a dos nenos e nenas que forman a comparsa resultante do obradoiro que organiza o Concello de Soutomaior. As comparsas participantes son: La Comparsita (Ponte...

Rosalía. Tod@s por igual.

27-02-2020 / Biblioteca

Obradoiro artístico - Biblioteca Municipal Hoxe xoves 27 de Febreiro a partir das 17,30 h Música, voz e guitarra: Marcos Acuña (Truque Matruque. Contos cantados) Ilustracións e narración: Esteban Acuña (Tarabelos. Títeres e contacontos) Duración: 90 min aproximadamente. Participantes: 25 Idade: A partir de 7 anos Inscricións previas Sinopse: Un obradoiro centrado no personaxe de Rosalía de Castro e o seu libro "Cantares gallegos", no que descubrimos a súa...

Festa infantil de entroido

20-02-2020 / Cultura

Luns 24 de Febreiro de 17,30 a 19,30 h. Alameda Talo Río (en caso de choiva: Multiusos de Arcade) Pista americana Liga Xustiza Inchable construtores/ as Obradoiro de máscaras tradicionais galegas  Obradoiro de máscaras con elementos naturais  Espectáculo musical de animación “ Cantabaile” de entroido  Flocos de millo e algodón doce

Teatro de humor. "En el andén" - MDM producións

12-02-2020 / Cultura

Domingo 16 de febreiro ás 18,00 h. – Multiusos de Arcade Unha comedia de Ernesto Frers Nesta comedia, o público, poderá atoparse cunha divertida experiencia que á súa vez o fará reflexionar…. Tres personaxes atópanse nunha estación de tren dun pobo; o primeiro, o empregado da estación (que quere por todos os medios chegar a xefe), o segundo, un pasaxeiro que vén tomar...

Obradoiro artístico “Rosalía, tod@s por igual

04-02-2020 / Biblioteca

Xoves 27 de febreiro – Biblioteca Municipal  Prazas limitadas (25) – A partir de 7 anos Inscricións na Biblioteca Municipal. Inscricións en line: https://forms.gle/cWmkw6m5xpkxbZe2A (orden de entrada) Un obradoiro centrado no personaxe de Rosalía de Castro e o seu libro "Cantares gallegos", no que descubrimos a súa disconformidade diante das desigualdades de xénero, idioma, clases sociais... Cantaremos os cantares de Rosalía e xogaremos con eles...


Os libros que te fan imaxigar

97 formas de decir "te quiero"

Cristóbal no sale de su asombro cuando Daniela, una joven desconocida, le revela que ambos murieron veinte años atrás con la promesa de reencarnarse. Pero más atónito queda aún cuando...

El planeta americano

A lo largo del siglo XX se han creado muchos mitos, pero hay uno, ahora que otros han muerto y el siglo declina, que se alza sobre los demás: Estados...

El símbolo perdido

¿Existe un secreto tan poderoso que, de salir a la luz, sea capaz de cambiar el mundo?  Washington. El experto en simbología Robert Langdon es convocado inesperadamente por Peter Solomon, masón...

Acio sanguento

Daniel Sieiro, un policía capaz de ver ata debaixo do alcatrán, e o seu axudante Maquieira deben averiguar quen é o autor do truculentos asasinato de Xulio Afonso, un profesor...

TV Concellería de Cultura