Mércores, 25 Setembro 2019 13:37

Teatro Fonte da Tella – A visita do inspector

Teatro Fonte da Tella – A visita do inspector

O vindeiro domingo día 29 de setembro ás 20 horas na Casa do Pobo do Val- Sobral.

 O grupo de teatro Fonte dá Tella pon en escena a obra “A visita do inspector” de John B. Priestley.

Nunha cea tranquila, dunha familia supostamente honesta, á que asistiron, Arthur, Sybil, Eric, Edna e o seu noivo Gerald queda interrompida pola visita do inspector Goole e dos seus interrogatorios a preto da morte dunha rapariga chamada Eva Smith esa mesma tarde por mor da inxestión de desinfectante.

O inspector empeza o seu interrogatorio co señor Birling e ensínalle unha foto e faille unhas preguntas. Despois de acabar co señor Birling séguenlle o completo de acompañantes que tiña na mesa; a estes failles moitas preguntas, algunhas desas preguntas son moi incomodas pero o inspector faillas contestar, tamén lles fai facer confesións que chegan a romper a unidade familiar que había e todos empezan a pensar que outro a podido ser o responsable

É a última representación da obra por parte do grupo afeccionado de teatro de Soutomaior que xa prepara a seguinte e seguir así a súa extensa variedade en obras teatrais


Publicado en Cultura
Visto 182 veces


Concellería de Cultura
Casa do Concello

Concerto do dúo Oradaladou en Soutomaior

12-11-2019 / Cultura

Este domingo 17 de novembro ás 18.00 h no Auditorio do Multiusos, en Arcade,   o dúo Oradaladou conformado por  Sonsoles Penadique (acordeón diatónico e voz) e Carlos Quintá (violín e voz) dará este acto musical que ten como finalidade fundamental homenaxear ao etnógrafo natural de Cotobade, Antón Fraguas, ao que se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Durante a...

Xoves de conto “O león azul”

06-11-2019 / Biblioteca

Biblioteca Municipal – Xoves 7 de novembro ás 17,30 horas O circo chega á cidade para ledicia de cativos e grandes. Pero nunha das gaiolas hai un león inmensamente triste. Klara decide averiguar qué lle sucede e intentará axudalo... Idade: de 4 a 11 anos

Acción escénica de Helen Bertels en Soutomaior. "Programa camiño a dentro".

23-10-2019 / Cultura

O Concello de Soutomaior participa no programa " Camiño a dentro": dez acccións de mulleres artistas para pór en valor o Camiño Portugués impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. O proxecto desenvolverase en dez concellos polos que pasa a ruta central e a da costa e inclúe desde teatro, poesía e música a instalacións artísticas, videocreacións, ilustración...

Día da Biblioteca – Ven a conto – Raquel Queizás

22-10-2019 / Biblioteca

Xoves 24 de outubro ás 17,30 h. – Biblioteca Municipal Sabías que… desde 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca en recordo á destrución da Biblioteca de Saraievo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico? Celebramos este día para trasladar a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores, de formación e convivencia humana.  O xoves 24 de outubro...

Concerto de Corais

18-10-2019 / Cultura

 Sábado 19 de outubro ás 20,30 horas – Multiusos de Arcade Este sábado o Multiusos de Arcade acollerá un concerto de corais no que participarán a Coral Helénica do Liceo Casino de Pontevedra, Orfeón Trivés e a local coral Polifónica Soutomaior Coral Helénica O director da agrupación, Manuel Antonio Pintos, explica que as pezas que se representarán serán do mesmo estilo que até...

Xoves de conto – Noa no espello

09-10-2019 / Xoves de Conto

Biblioteca Municipal – Xoves 10 de outubro ás 17,30 h. Sesión contacontos a favor da igualdade e contra a violencia de xero, na que se interpreta a obra "Noa non Espello", da compañía Sarabela e que está dentro do programa Ler Conta Moito. A obra, dirixida a pequenos de entre 4 e 11 anos, conta as historias de tres personaxes, quen...


Os libros que te fan imaxigar

97 formas de decir "te quiero"

Cristóbal no sale de su asombro cuando Daniela, una joven desconocida, le revela que ambos murieron veinte años atrás con la promesa de reencarnarse. Pero más atónito queda aún cuando...

El planeta americano

A lo largo del siglo XX se han creado muchos mitos, pero hay uno, ahora que otros han muerto y el siglo declina, que se alza sobre los demás: Estados...

El símbolo perdido

¿Existe un secreto tan poderoso que, de salir a la luz, sea capaz de cambiar el mundo?  Washington. El experto en simbología Robert Langdon es convocado inesperadamente por Peter Solomon, masón...

Acio sanguento

Daniel Sieiro, un policía capaz de ver ata debaixo do alcatrán, e o seu axudante Maquieira deben averiguar quen é o autor do truculentos asasinato de Xulio Afonso, un profesor...