Xoves, 11 Abril 2019 09:48

Programa Radio Galega "Pensando en ti"

Programa Radio Galega "Pensando en ti"

O programa da radio galega “Pensando en ti” emitirase en directo na madrugada do xoves día 18 e venres 19 desde o Multiusos de Arcade.

Os oíntes comparten en directo ou a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

Marcial Mouzo, o seu presentador, continúa como líder na franxa da madrugada sendo a alma deste programa, que leva case vinte anos compartindo a vida nocturna dos galegos e. galegas.

O programa desenvólvese desde a unha ata as seis da mañá e conta coa colaboración especial do humorista Isi.

 Para amenizar as prolegómenos do programa, desde as 11 ata as 12 horas estará no escenario o grupo de música tradicional “Tanto Nos Ten” que son un grupo de música que empregan no seu repertorio músicas e letras propias e do saber popular, retranqueiras, de escarnio que conforman o que eles chaman “música tradicional furtiva”.

A organización da emisión do programa está a cargo do Concello de Soutomaior coa colaboración especial da asociación veciñal e cultural Pozo Vello


Publicado en Cultura
Visto 873 veces


Concellería de Cultura
Casa do Concello

Teatro de humor. "En el andén" - MDM producións

12-02-2020 / Cultura

Domingo 16 de febreiro ás 18,00 h. – Multiusos de Arcade Unha comedia de Ernesto Frers Nesta comedia, o público, poderá atoparse cunha divertida experiencia que á súa vez o fará reflexionar…. Tres personaxes atópanse nunha estación de tren dun pobo; o primeiro, o empregado da estación (que quere por todos os medios chegar a xefe), o segundo, un pasaxeiro que vén tomar...

Obradoiro artístico “Rosalía, tod@s por igual

04-02-2020 / Biblioteca

Xoves 27 de febreiro – Biblioteca Municipal  Prazas limitadas (25) – A partir de 7 anos Inscricións na Biblioteca Municipal. Inscricións en line: https://forms.gle/cWmkw6m5xpkxbZe2A (orden de entrada) Un obradoiro centrado no personaxe de Rosalía de Castro e o seu libro "Cantares gallegos", no que descubrimos a súa disconformidade diante das desigualdades de xénero, idioma, clases sociais... Cantaremos os cantares de Rosalía e xogaremos con eles...

Desfile Municipal de Comparsas de Entroido en Arcade

27-01-2020 / Cultura

O Concello de Soutomaior abre este luns 27 de xaneiro ás 09.30 h o prazo de inscrición de Comparsas que queiran participar no DESFILE MUNICIPAL DE COMPARSAS DE ENTROIDO 2020. O prazo de inscrición pecharase o mércores 19 de febreiro ás 14 h.  O Desfile de comparsas terá lugar o domingo 1 de marzo de 2020 ás 17.00 horas. O lugar de saída...

Biblioteca – Novos equipos informáticos.

16-01-2020 / Biblioteca

 A Biblioteca Municipal do Concello de Soutomaior en Arcade pon en funcionamento 5 equipos informáticos novos de última xeración co obxecto de mellorar o servizo que se presta aos usuarios. Teñen acceso os usuarios durante 90 minutos cun control de contidos.  Para usalos hai que darse de alta directamente na biblioteca. Están dotados de auriculares, USB.... e pódese imprimir Os novos equipos axudarán a...

Teatro: “A Festa da Primavera”

09-01-2020 / Cultura

Grupo de teatro musical infantil “ Ilusionistas” de Ponte Caldelas  Domingo 12 de xaneiro ás 18,00 horas - Casa do Pobo Val- Sobral (Soutomaior) Obra de creación colectiva adaptada e dirixida por Manuel Solla. Público infantil e familiar As nubes instaláronse no bosque e non queren marchar. Os animais están moi preocupados e non lembran como era cando había sol. Buscan unha solución, entre...

Reis Magos 2020

02-01-2020 / Cultura

 Domingo 5 de Xaneiro Ás 12,00 horas – Casa do Concello (Soutomaior) Tras a súa chegada, e recibidos polo Alcalde de Soutomaior, Melchor, Gaspar e Baltasar saudarán, xunto coa súa comitiva Real, e recollerán as cartas dos nenos e nenas que aínda non fosen enviadas. A partir das 17,00 horas haberá un desfile en Arcade desde a rúa Calvario ata a Alameda de...


Os libros que te fan imaxigar

97 formas de decir "te quiero"

Cristóbal no sale de su asombro cuando Daniela, una joven desconocida, le revela que ambos murieron veinte años atrás con la promesa de reencarnarse. Pero más atónito queda aún cuando...

El planeta americano

A lo largo del siglo XX se han creado muchos mitos, pero hay uno, ahora que otros han muerto y el siglo declina, que se alza sobre los demás: Estados...

El símbolo perdido

¿Existe un secreto tan poderoso que, de salir a la luz, sea capaz de cambiar el mundo?  Washington. El experto en simbología Robert Langdon es convocado inesperadamente por Peter Solomon, masón...

Acio sanguento

Daniel Sieiro, un policía capaz de ver ata debaixo do alcatrán, e o seu axudante Maquieira deben averiguar quen é o autor do truculentos asasinato de Xulio Afonso, un profesor...