OBRADOIROS / Concellería de Mocidade
Campamento San Simón Camp PRAZAS COMPLETAS
Inicio da actividade: 15-07-2024
Fin da actividade: 18-07-2024
Dias da actividade: Do 15 ao 18 de xullo
Horarios: 4 días/3 pernoctas
Destinatarios/as: 12 - 17 anos
Menores: Menores con autorización
Público dirixido: Público Xuvenil
Prazas: 49 prazas
Acceso: De pago
Bonificacións: *Consultar posibles bonificacións
Lugar da actividade: Illa de San Simón
|
DESCRICIÓN
San Simón Camp
Campamento de inmersión lingüística en inglés
Inglés - Natureza - Aventura - Historia
O principal obxectivo das actividades que se programan é que a mocidade participante se divirta mentres aprende un idioma estranxeiro. O noso equipo de monitorado converterá o inglés no idioma vehicular en todos os momentos do dia, procurando que o campamento se realice 100% en inglés: imaxinemos uns días de verán nun país de fala inglesa, esa é a meta. Equipo de monitorado composto por internacional nativo, especialistas e tempo libre.
Para as actividades English project os grupos organizaranse por nivel de competencia con monitorado nativo en inglés.. Actividades:
-
Principal: ACTIVITY ENGLISH:
-
English project: ROLE PLAY + AROUND THE WORLD + TEAM POSTERS & SLOGANS
-
Secundarias: NÁUTICO DEPORTIVAS, VELADAS E LECER XERAIS: ruta en caiac pola enseada de San Simón; Paddle surf: Stand Up Paddleboarding; Vela lixeira; 12 Energizing morning (Ioga); Ruta mariñeira; San Simon’s fairy godmother (visita teatralizada), Fotografarte, herbario ilustrado, kamishibai, tim’s up, arte coas mans,... etcétera.
Inclúe: manutención, pernocta en habitación dobres-triples, actividades, material, personal titulado, seguridade, seguro, desprazamentos.
IMPORTANTE: no caso de que algunha persoa teña diversidade funcional debe indicalo na ficha para que desde a OMIX nos poñamos en contacto previamente e poidamos adaptar as actividades. Haberá un número limitado de prazas para estas situacións que se cubrirán por orde de inscrición.
Observacións: Realizarase unha reunión coas familias e participantes na que estará o equipo de monitores/as previamente.
*As prazas cubriranse por orde de inscrición e teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.
* NON FAGA O PAGO, ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA. (Envío de mensaxe vía Whatsapp), * Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior
Custe empadroados/as: 50€ Custe NON empadroados/as: 145€ Cotas: 1 cota Modo de pago: Pago único Bonificacións: *Consultar posibles bonificacións Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago, Fotocopia do DNI (Participante) Forma de entrega: omix(arroba)soutomaior.gal ou Whatsapp: 638 822 868
|
|