Category Image  OBRADOIROS / Concellería de Xuventude 
perlim.jpg
Excursión Parque Temático de Nadal Perlim 

 

Inscricións Completas
Do: 15-12-2018 ó: 15-12-2018
Inscricións ata: Martes, 4. Decembro 2018
Horarios: Todo o día
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Menores: Menores acompañados, Menores con autorización
Prazas: 50 prazas
Lugar da actividade: Parque Temático Perlim, Portugal

DESCRICIÓN

O Parque temático do nadal "PERLIM" atopase en Portugal e é un lugar para soñar e imaxinar, onde os seus habitantes teñen características únicas e máxicas nun espazo que ten un século de existencia e serve como telón de fondo perfecto para pasar un día rodeados de historias inspiradoras, alegres e contaxiosas  nunhas datas tan entrañables como as do Nadal. Un lugar perfecto para compartir ilusión e  tamén para divertirse porque conta con máis  de vinte áreas temáticas!, Teatros Musicais, Grandes Formatos escénicos, Escenarios Interactivos, Atraccións, Espectáculos Piromusicais, Ilusionismo Circulante, e ¡moito, moito máis!. Horarios de saída de autobús:

  • 10.00 h Casa do Concello 
  • 10.15 Cruce de Pierres

O horario de chegada ó Concello aproximado será ao redor das 22 h

DURACIÓN: será dun día durante o cal se visitará todo o parque.

Xantaremos no restaurante "Degustaría da Vila". Seleccionar un dos menús da opción que corresponde pola idade:

Menú infantil (5 a 12 anos)

  • Grupo 1: entrantes + polo frito con patacas ou crema de verduras
  • Grupo 2: milanesa de polo con patacas ou crema de verduras

Menú adultos (a partir de 13 anos en diante)

  • Grupo 3: entrantes + carne asada +crema de verduras ou patacas
  • Grupo 4: entrantes + bacallao ao forno + crema de verduras ou patacas

 

COTA: 12€ empadroados/as; 30€ non empadroados/as (consultar bonificación familiares e outras). Menores de 4 anos non pagan.

Inclúe a entrada, o tren dentro do parque, o xantar, desprazamentos en autobús e seguros de viaxe. 

O pago farase mediante transferencia bancaria nas contas do Concello de Soutomaior. Haberá que entregar o resgardo de pago na OMIX ou envialo por correo electrónico á Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes de que peche o prazo de inscrición.

 


  Opción 1: Infantil 1 (5-12anos): entrantes + polo frito con patacas ou crema de verduras Opción 2: Infantil 2 (5-12anos): milanesa de polo con patacas ou crema de verduras Opción 3: Adulto 1 (+13): entrantes + carne asada +crema de verduras ou patacas Opción 4: Adulto 2 (+13): entrantes + bacallao ao forno + crema de verduras ou patacas. Custe empadroados/as: 12€  Custe NON empadroados/as: 30€ Modo de pago: Pago único

 

Accesos : 968