Contidos: durante o curso traballaremos os contidos que se integran no programa de educación de persoas adultas coa finalidade de prestar un apoio ás persoas interesadas en presentarse aos exames das probas libres para a obtención da ESO dirixidas a persoas maiores de 18 anos convocadas pola Xunta de Galicia.
Destinatarios/as: a partir de 18 anos
Datas: desde 4 de febreiro ata o 27 de maio de 2021
Modalidade de impartición: VIRTUAL a través da plataforma Jitsi Meet. Dadas as circunstancias actuais de restriccións a s clases comezarán nesta modalidade ata o momento no que se poidan retomar presencialmente. O alumnado e mestra conectaranse á aula os días e horas estipulados e a clase impartirase como é habitual: exposición de contidos da profesora, resolución de dúbidas, realización de exercizos prácticos e correccións. A plataforma é moi sinxela de usar. Podedes conectarvos desde un móbil ou ordenador que teña audio e cámara.
Material: teredes que achegarvos á OMIX para que se vos grave no voso USB todo o material do curso. Cada semana recibiredes por whatsAPP o plan de traballo semanal. Os exercizos que non se corrixan en clase tamén se enviarán a través deste medio para que a profesora os poida correxir ou a través de correo electrónico.
Horarios: luns e xoves de 18,30 a 20,30 h
Cota: 30 € empadroado/as // 60 € non empadroados/as. Unha vez realizado o pago enviada á OMIX o xustificante. IMPORTANTE: Estas cotas soamente se cobrarán cando se retome a modalidade presencial e, neste caso, aplicarase a parte proporcional ao que reste de curso e comunicarase ao alumnado previamente. Mentras tanto a actividade iniciarase sen ter que abonar cotas.
Se tedes dúbidas poñédevos en contacto coa OMIX.