Obxectivos: Organizar e executar traballos de almacenamento e embalaxe de mercadoría, mantendo ao día os inventarios. Coñece as tarefas de control de aprovisionamento, almacenamento, inventariado e transporte de mercadorías. Saber empregar as técnicas de rexistro e xestión administrativa.Adquirir coñecementos sobre técnicas de realización de pedidos, recepción, identificación e comprobación.
Contidos: estructura e tipos de almacén. Operacións básicas de almacenaxe. Traballo en equipo nas operacións auxiliares de almacenaxe. Documentación básica de almacén. Equipos de manutención do almacén. Sistemas de identificación, localización e seguimento de mercadorías. Seguridade e prevención nas operacións auxiliares de almacenaxe.Mantemento de primeiro nivel nos equipo de almacén. O almacén como xestión comercial da empresa.
Lugar actividade: a parte teórica do curso (40h) realizarase mediante plataforma virtual. En liña.A parte práctica (50h) realizaras en empresas do sector en Soutomaior ou arredores (asignaranse durante o curso os lugares de prácticas). A duración das prácticas será de 15 días de luns a venres cunha xornada de 5h/diarias. O horario poderá ser de mañá ou de tarde.
Datas e horarios: a parte teórica realizarase os martes e xoves de 17.00 a 21.00 h os días 20,22, 27,29 de abril e 4,6,11,13,18,20 de maio. As prácticas comezarán a partir da semana do 24 de maio.
Material que precisa o alumnado: no custe o curso xa se inclúen os EPIS para a realización das prácticas (bata + botas de seguridade). Entregarase a cada alumno/a este material unha vez superada a parte teórica e antes da realización das prácticas.DESCARGA O PDF:
2o Trimestre BIX Xuventude 2021